Sagrado levou o duelo entre candidatos ante o Polvorín

En Infantil, Provincial

O Becerreá debutou na Liga cunha vitoria ante a Piringalla, tres facerse co dominio absoluto do encontro no Municipal na segunda metade. O Lourenzá probou o sabor do triunfo esta temporada tras impoñerse ao Viveiro CF B 

Ribadeo, Rácaing Villalbés e Residencia lideran as ligas infantís tras a disputa da terceira xornada na que se viviu o último debut ligueiro: o do Becerreá. Os de Nico foron os últimos en estrearse, pero fixérono cunha ampla vitoria no Municipal.

Primeira do Lourenzá O Lourenzá saboreou a primeira vitoria da temporada tras impoñerse ao Viveiro CF B no Cembedo. Manuel abriu o marcador de penalti aos vinte cinco minutos de xogo e, a partir de aí, os goles foron chegando aos poucos.
Os laurentinos sorrín tras dúas esixentes xornadas contra Ribadeo e Burela que seguen a reforzar as súas candidaturas ao Provincial con triunfos claros. Os ribadenses impuxéronse ao Foz -moi debilitado polas baixas no Pepe Barrera-, e os da Marosa ao Rácing Villalbés B.

Choque entre candidatos
O Sagrado Corazón impúxose ao Polvorín nun encontro entre dous aspirantes ás prazas do Provincial. Un gol de Jarno aos dous minutos puxo por diante aos locais que mantiveron o partido baixo control ata que, a dez para o final, Breixo inquietou co 2-1. Cos amarelos volcados na busca do empate, David conseguiu o gol da tranquilidade.
Máis plácidos foron os triunfos do Castro -que deixou o partido encarrilado cun 0-3 na primeira metade- e do Rácing Villalbés, que se apurou a resolver o partido ante a Ferroviaria na Magdaleno.
Tamén o do Lugo B que non deu opcións a un Abuín moi mermado, con só doce xogadores, e sen porteiro para un partido de tal esixencia. Carlos, na primeira parte, e Estévez, na segunda, asumiron a responsabilidade.

Debut ao grande
O Becerreá estreouse esta fin de semana na liga despois de dúas xornadas de descanso. Aos de Nico custoulles entrar no partido. De feito, adiantouse a Piringalla cun tiro lonxano de Lucas . O gol espertou aos locais que empataron o encontro antes do descanso, cunha falta directa de Martín. Tras o paso polos vestiarios, o seu empuxe e o baixón físico dos visitantes derivaron nun contundente 6-1 no marcador final.
No derbi da Ulloa, o Antas impúxose ao Palas cunha vitoria pola mínima. Hugo marcou o gol da vitoria a pouco máis de dez minutos para o final cando a igualdade mandaba do Castro Seoane.
A Residencia lidera o grupo en solitario tras sumar a súa terceira vitoria consecutiva ante un Corgo que, malia o marcador final, deixou boas sensacións.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu