Sagrado e Monterroso logran o pase a oitavos nos encontros de Copa desta xornada

En Cadete, Copa Provincial

Paso firme do Sagrado na Ribela

 

SARRIANA B 0 – SAGRADO 7

Sagrado Corazón superou con solvencia o seu primeiro escollo na Copa e verase as caras co Casás nos oitavos de final do torneo. O partido na Ribela quedou visto para sentenza na primeira metade cun 0-3. David marcou o primeiro aos dez minutos nun balón ao espazo, mentres que Eder ampliou a renda nun córner. Yoni tivo o terceiro en dous balóns que mandou ao pau pero, malia a maderia e a boa actuación de Saúl na portería, que evitou males maiores, antes do descanso o propio David recuncou e anotou o terceiro.
Na segunda metade mantívose o dominio dos visitantes, que ampliaron a renda con catro tantos máis ata o definitivo 0-7, tres deles de David, que conseguiu na Ribela o seu primeiro repoker da temporada.
Os de Brais Rozados estréanse con bo pé na competición, unha oportunidade para saldar o sabor agridoce do campionato Provincial despois dunha moi boa primeira fase da temporada.

 

O Monterroso xa agarda pola Piringalla 

 

MONTERROSO 3 – ABUÍN 1

O Monterroso clasificouse este sábado para disputar os oitavos de final da Copa tras vencer ao Abuín, que chegou aos Cerdeiriños con só once efectivos para afrontar a primeira eliminatoria copeira. Os de Adrián Vázquez saíron gañadores dun duelo aberto, sen un dominador claro no que se impuxo o maior acerto dos locais na finalización.
De feito, marcaron o primeiro tanto cando apenas se superaran os dez minutos de xogo nun golpeo desde fóra da área de Álex V.V. que se atopou coa mala fortuna do porteiro branquiazul.
O intercambio de chegadas á area continuou durante a primeira metade, na que os dous equipos amosaron lagoas defensivas. A mellor ocasión foi para o Abuín, que puido igualar o encontro cun disparo que estrelou na madeira. Despois, Raúl tivo outra boa oportunidade para ampliar a renda dos da Ulloa, que chegaron con 1-0 ao descanso.
No ecuador da segunda metade, Gabi, nunha acción individual, si logrou incrementar a vantaxe para os locais, que parecían ter a eliminatoria encamiñada.
Sen embargo, o Abuín non tirou a toalla. Tivo un penalti que non aproveitaron para recortar distancia pero, pouco despois, Iago anotou o 2-1, que deu ás ao equipo branquiazul.
Os balóns colgados á area inquietaban ao Monterroso, que temeu polo resultado ata que, a un minuto de cumprirse o tempo regulamentario, sentenciou cun tanto de Martín R.
Os de Adrián Vázquez mediranse á Piringalla nos oitavos de final.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu