Sarriana lidera en solitario o zonal sur cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Sur Cadete Autonómica, Principal

A Sarriana asalta o liderado en solitario

RESIDENCIA 1 – SARRIANA 2

A Sarriana segue sendo o equipo que máis incomoda á Residencia en cadetes, onde cambian as xeracións e os adestradores pero os da Ribela continúan como un dos poucos equipos que lles restan puntos aos da Cheda nesta categoría.
Este ano a Sarriana levouse os tres puntos e o liderado en solitario tras impoñerse un a dous.
A Residencia intentou levar o peso do partido pero a Sarriana defendeuse con orde e cada vez que roubaba, Abella daba sensación de perigo á contra. Nunha destas accións chegou o cero a un, ao culminar Fabián unha xogada con Abella para inaugurar o marcador ao cuarto de hora.
Nada máis empezar a segunda parte, aos cinco minutos, Abella volveu acudir á súa cita co gol, nesta ocasión ao transformar unha falta directa para subir o cero a dous ao marcador.
A Residencia, lonxe de baixar os brazos, foise a polo partido con descaro e meteu á Sarriana no seu campo, dispoñendo de moitas chegadas e córners a favor. Con todo, tan só Martín Iglesias atopou o camiño do gol para recortar distancias a vinte minutos para o final, tempo que a Sarriana aguantou as embestidas locais en busca do empate á vez que saíu cos tres puntos e o liderado en solitario.


Os tres primeiros puntos para o Sagrado tras impoñerse na Ribela

RIBELA 0 – SAGRADO CORAZÓN 4

O Sagrado estrea a súa conta de puntos nesta Liga tras gañar en Sarria ao Ribela. O partido púxoselles de cara pronto aos branquiazuis, dirixidos neste encontro por Fran Fernández. No minuto cinco Jony aproveitaba un pase de Aarón entre liñas para facer o 0-1. Pese a que os locais tiveron algunha chegada para facer o empate, o Sagrado asediaba a área rival e pouco antes do descanso Adrián facía o 0-2 a favor dos visitantes.
Pese a que os branquiazuis seguían levando o peso do partido a posta en escena do Ribela mellorou e o ritmo de xogo baixou en ambos equipos, sobre todo tralo 0-3. Pouco antes do asubío final Samu facía o definitivo 0-4.
A vindeira fin de semana o Sagrado buscará a segunda vitoria consecutiva ante o Antas. Os de Pedro visitan ao Becerreá.


Primeira vitoria  do Monterroso

FERROVIARIA 1 – MONTERROSO 2

Tras un empate e dúas derrotas o Monterroso sumou tres puntos no López Gorgoso remontando o gol de David, da Ferroviaria, ao comezo da segunda metade.
Os de David Barrio atoparon á contra a súa mellor baza de cara a portería e en dúas accións case seguidas déronlle a volta ao marcados grazas aos tantos de Iván e Santoalla.


Moita superioridade do equipo visitante

ANTAS 0 – POLVORÍN A 10

Partido sen historia no Castro Seoane, onde  un Polvorín moi superior impúxose a un Antas que fixo o que puido ante un equipo que está destinado a loitar polo primeiro posto de aquí ao final da primeira fase. O resultado ao final da primeira parte xa era de 0-7 e na segunda ambos equipos aproveitaron para mellorar de cara a próximas xornadas.


O Palas reacciona e remonta un 0-2

PALAS 5 – ABUÍN 2

O Palas volveu á senda da vitoria tras impoñerse ao Abuín nun partido no que os de Koeman tiveron que remontar o 0-2 co que se adiantaron os capitalinos nos primeiros minutos.
A partir do cuarto de hora inicial o Palas empezou a dar sinais de vida e froito diso Brais e Samuel devolveron o empate ao marcador antes do descanso. Na segunda parte o Palas culminou a remontada cos goles de Carlos, Lucas e Samuel.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu