Sagrado Corazón, Becerreá e Rácing B presentan candidatura

En Principal, Provincial, Xuvenil

Os tres conxuntos toman o mando dos grupos Centro, Sur e Norte respectivamente ao remate da xornada inaugural na que os equipos comezaron a rodar

Rácing Villalbés B, Sagado Cora´zon e Becerreá comezan a temporada no máis alto das clasificacións.

Grupo Norte

O Rácing Villalbés B iniciou o curso de volta á competición provincial cunha vitoria cómoda ante un Xove que non deu coa tecla para frear o xogo directo dos locais. Sacando vantaxe en cada acción á espalda rival, os chairegos foron 2-0 ao descanso, e sentenciaron o partido na segunda metade con outros dous tantos.
Tamén debutou cun triunfo o San Ciprián, outra das novidades na categoría, neste caso, despois dun ano sen equipo en xuvenil. Malia a inexperiencia, souberon sufrir no último treito do partido no que o Ribadeo apertou para igualar o tanto marcado por Borja no inicio da segunda metade.
O Viveiro B sumou os tres puntos no Marcos Gómez tras darlle a volta o 1-2 co que se chegou ao descanso. Os celestes marcaron o 2-2 no inicio da segunda parte e, xusto despois, unha intervención salvadora de Lucas, que detivo un penalti, despexou o camiño da remontada.
Pontenova e Lourenzá inauguraron a competición o venres cun partido entretido, de ocasións nas dúas áreas, sobre todo para os laurentinos aos que se lles resistiu o gol.
Grupo Centro

O Polvorín FC gañou o primeiro derbi capitalino da temporada. Tras un mellor inicio da Residencia, os de Kubala levaron o partido ao seu terreo con dous balóns aos paus e un lanzamento de penalti, antes de que a un cuarto de hora para o final Iago conseguira abrir a lata. Despois, Alberto sentenciou.
O Cospeito rendabilizou cos tres puntos un gol de cabeza de Miro, que se estreaba no club. Tamén comezaron a liga con vitoria o Outeiro de Rei, que marcou os catro goles do encontro na segunda metade, e mais o Sagrado Corazón, nun partido cómodo ante un Guitiriz que se estrea na categoría cun grupo pouco experimentado que irá afianzándose co pasos das xornadas.

Grupo Sur
O Becerreá impúxose a un Taboada que chegou ao primeiro partido da liga moi curto de efectivos. Os locais tiveron ocasións para irse ao descanso con máis marxe que o 1-0 que marcaba o electrónico, pero na segunda parte melloroulles a sorte cara á portería.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu