Ribadeo e Resi A aumentan a súa xeira de vitorias

En Cadete, Provincial

Lideran os grupos Norte e Sur sen ceder nin un só punto. No grupo Centro, o Sagrado Corazón A e a Residencia B dispútanse a hexemonía

Nunha xornada de moitos goles e varios partidos desnivelados, tres encontros marcaron a diferenza, mantendo a emoción polo resultado ata o final.

Terceira do Villalbés No grupo Norte, Spórting Pontenova e RC Villalbés B protagonizaron un apertado duelo na Mina, con fases de dominio e alternativas no marcador para os dous equipos. Finalmente, impuxéronse os chairegos, que están de doce, con tres vitorias nos tres últimos partidos.
No desconto
No grupo Centro, o final de infarto viviuse nas Gándaras, no encontro entre Casás e Residencia B, situados nos primeiros postos da táboa. Os colexiais buscaban aclarar o camiño para o Provincial e tiveron opcións de levar o partido. Adiantáronse cun gol de Yosef e puideron ampliar a renda, pero non o fixeron e, nos quince minutos finais, os branquiazuis déronlle a volta ao encontro con goles de Manu e de Nico Corredoira, este último xa en tempo de desconto. Os de Aarón quedan na cuarta praza, e con outra complicada cita, contra Sagrado, no horizonte.

Vitoria do Monterroso O Monterroso volveu gañar despois da derrota da pasada semana ante a Residencia. Un triunfo traballado para os de Adrián Vázquez, que tiveron que remontar o gol inicial de Hamza. Raúl, cun disparo desde fóra da área, e Ismael déronlle a volta ao encontro antes do descanso. Na segunda parte, impúxose a seriedade defensiva dos dous equipos na Ribela.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu