Ribadeo e Burela selaron o seu pase á Segunda Fase da Liga autonómica xuvenil

En Grupo Norte, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

O Ribadeo, ao Provincial 

 

COSPEITO 2 – RIBADEO 3

O Ribadeo foi o primeiro equipo do grupo en asegurar a súa praza no Provincial. O  equipo necesitaba a vitoria ante o Cospeito para selar a clasificación. Presumíase un partido máis cómodo para os visitantes polas diferenzas na clasificación. pero esta brecha non sei viu no campo. Moi ao contrario, o Cospeito non so plantou cara ao líder, senon que foi capaz de levantar un un 0-2 tras o descanso.  Nunha  chegada por banda esquerda de Diego, Jesús marcou o 1-2 no minuto 67 e, a dez para o final, Eric fixo o 2-2. O lateral recuperou un balón en campo contrario, pegado á liña de banda, onde se libraron gran parte das disputas na segunda metade, e chegou á área para culminar un centro de Jaime. Os locais quixeron aproveitar o seu momento no partido para lograr a primeira vitoria, pero nos noventa minutos máis completos da temporada, despois de marcar dous goles ao Ribadeo, algo que so conseguiu o Lourenzá, a moeda caeu do lado visitante,  Mauro fixo o 2-3 sobre a bucina.

 


 

O Polvorín B gañou no sprint final

 

OUTEIRO 2 – POLVORÍN B

O Polvorín B enlaza dúas vitorias por primeira vez na Liga. Os de Dani Arias impuxéronse a un Outeiro que chegou ao descanso con vantaxe, 2-1, pero que fraqueou na segunda metade. Os visitantes foron máis ambiciosos, e a súa maior intensidade tivo premio nos primeiros minutos, cando Brais Klein marcou o 2-2.  Gorka, un gol en propia meta, e Patrick, xa sobre o bucina, selaron o triunfo amarelo.

 


 

O Castro tercia na loita pola Promoción

 

CASTRO 3 – FOZ 1

O Castro volveu gañar despois de tres xornadas, a un Foz que deixou no camiño tres puntos importantes na loita pola Promoción. Malia encaixar cedo o 0-1 ante un rival superior fisicamente e moi perigoso cando ten espazo para correr, os  chairegos acabaron impoñendo o seu xogo con goles de Torito, antes do descanso, Raúl e Labrada.

 


 

O Viveiro deulle a volta ao encontro cun gol de Íñigo a dez minutos para o final

 

FERROVIARIA 1 – VIVEIRO B 2

O Viveiro B acabou gañando o partido despois de ir a remolque no marcador durante boa parte del. De feito, a Ferroviaria chegou con vantaxe ao descanso, despois dunha primeira metade na que apenas se viron ocasións de gol, e na que valeu o tanto de Noé, ao cuarto de hora de encontro. Na segunda metade, os de Lorenzo estiveron algo máis precisos co balón, e chegaron en máís ocasións a área local. Likua fixo o 1-1 mediado o segundo tempo, e, a dez para o final, Íñigo, que entrou ao campo tras o descanso, marcou o gol da vitoria para os visitantes. O triunfo e a derrota do Foz ábrelles unha ventá cara o Provincial.
Na próxima xornada o Viveiro B recibirá no Cembedo ao Cospeito e a Ferroviaria visita A Mina para medirse co Pontenova.

 


 

Camiño despexado cara ao Provincial

 

LOURENZÁ 1 – RESIDENCIA B 0

Lourenzá e Residencia B xogábanse parte das opcións para entrar na Promoción. O medo a perder condicionou o xogo dos dous equipos, que non quixeron asumir ningún risco. O resultado foi un encontro con poucas ocasións -as máis claras, a balón parado- e que decidiu unha acción individual no 83. Paulo deulle aos laurentinos tres puntos que  os asentan na terceira praza e con pé e medio no Provincial xuvenil, unha clasificación que poden facer oficial a vindeira xornada.

 


 

Yago entrou para selar a clasificación

 

PORTO BURELA 3 – PONTENOVA 0

O Burela tamén ten asegurada unha praza no Provincial tras a vitoria ante a Pontenova. De novo custoulles abrir o marcador, desta volta ante un rival moi ordenado, que saía con criterio á contra e que puido adiantarse en ocasións de Gabri e Diego. Na segunda parte a entrada de Yago deúlle ao equipo local a pegada que lle faltara e a clasificación para o Provincial.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu