Ribadeo e Burela seguen sen fallar nunha Liga moi igualada na zona media da táboa

En Grupo Norte, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Xusto empate final

 

VIVEIRO B 1 – CASTRO 1

Xusto reparto de puntos no Cembedo nun partido de escasa calidade entre Viveiro B e Castro.
Dende os primeiros minutos as imprecisións por parte de ambos conxuntos evitaron que o encontro tivese ritmo, polo que o máis destacado foi o un a cero que chegou por medio de Borja ao culminar unha acción de Carlos cun certeiro remate ante Kevin.
Tralo descanso o Castro intentou adiantar liñas, pero non conseguiu enlazar xogadas entre os xogadores ofensivos. Pola súa banda o Viveiro B puido sentenciar o encontro ao dispoñer Iñigo e Mhadi de dúas claras ocasións antes de que ata o Viveiro B fallase un penalti.
O meta chairego Kevin mantivo con vida ao Castro ata o tramo final e os de Marcos Veiga conseguiron rescatar un punto ao asinar o un a un Nachete ao enviar ao fondo da portería un balón solto tras un saque de esquina.
O Viveiro B visitará ao Lourenzá a próxima xornada, mentres que o Castro recibirá ao Spórting Pontenova.

 


 

O Burela pensa no asalto ao liderado tras lograr un vitoria cómoda na Fonte

 

COSPEITO 0 – BURELA 8

As espadas en alto para o partido entre Burela e Ribadeo, no que estará en xogo o liderado do grupo. Os dous equipos chegarán a este choque invictos, xa que os de Oke responderon á vitoria do Ribadeo cun triunfo ante o Cospeito. Na primeira parte, os chairegos contrarrestaron cun gran traballo defensivo o potencial do Burela, que só puido marcar un tanto antes do descanso. Aos cinco minutos da reanudación os visitantes disiparon a incerteza sobre o resultado cun gol de Iago, que foi un xerro de auga fría para o Cospeito.

 


 

O Foz afinou a puntería tras o descanso e logrou a terceira vitoria da Liga 

 

FOZ 3 – POLVORÍN B 0

Terceira vitoria da Liga para o Foz, que perdoou moito na primeira metade pero que resolveu o partido tras o descanso sen pasar apuros. Antes do intermedio, Edilson tivo a ocasión máis clara para os de Burunda, nun remate na área con todo ao seu favor que incríblemente non converteu en gol.
Nin a falta de puntería nin o acerto da defensa amarela desesperou aos de Burunda, que conseguiron abrir o marcador ao pouco de iniciarse a segunda metade. O encargado de abrir a lata foi Víctor, nunha acción na que explotou a súa velocidade. O 2-0 chegou nunha xogada persoal de Hugo nun contraatque, e Alexis pechou o marcador co 3-0 a dez minutos para o final do encontro.

 


 

O Ribadeo marca as distancias 

 

RIBADEO 5 – LOURENZÁ 2

O Ribadeo prepara o partido da vindeira xornada ante o Burela no máis alto da táboa. O equipo de Salva que  só cedeu dous puntos esta tempada, logrou o seu sexto triunfo ante un Lourenzá algo titubeante nas últimas xornadas despois dun formidable inicio de competición. Os visitantes igualaron o 2-0 do Ribadeo antes do descanso, pero o 3-2 de Jorge aos dous minutos da reanudación e, o 4-2, de Barrera, de penalti, pouco despois, desnivelaron o encontro no Pepe Barrera.


 

Na Mina segue a liña ascendente

 

PONTENOVA 5 – OUTEIRO 1

Sen despregar o xogo de outras xornadas, a Pontenova conseguiu unha vitoria coa que suma sete dos últimos nove puntos en xogo. Ao descanso, os locais gañaban por 1-0, unha renda escasa para as ocasións creadas. Na reanudación o Outeiro empatou o encontro,  pero a igualdade durou  so uns minutos, O segundo e o terceiro gol dos locais e a falta de xogadores de refresco romperon o partido na Mina.

 


 

O Xove Lago celebrou na Cheda a súa primeira vitoria esta temporada

 

RESIDENCIA B 0 – XOVE LAGO 2

O Xove saíu da Cheda cos seus primeiros tres puntos e reforzado de cara a definir o seu estilo de xogo. Os mariñaos incomodaron aos branquiazuis cunha presión intensa que lles dificultou o xogo interior e trataron de avanzar con balón na busca dun gol  que non chegaría ata a segunda parte. Juan fixo o 1-0 a dez minutos da reanudación e, malia que os locais tiveron ocasións para igualar o encontro, nun man a man de Tei e un remata de Michel a centro de Javi que se foi por pouco, David Lado selou a vitoria do Xove nos minutos finais do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu