Ribadeo-Casas, Lugo B-Residencia; as semifinais de Copa Infantil

En Copa Provincial, Infantil

O Lugo B recibe á Resi en semifinais

 

CD LUGO B 5 – BURELA 0

O Lugo avanza a semifinais da Copa a costa do Burela, que se mostrou agotado física e mentalmente nas Gándaras. Os albivermellos, que este temporada nunca conseguiron vencer ao mariñaos -o 1 a 1 da primeira volta do Provincial fora o resultado máis positivo-, controlaron o partido desde o inicio no xogo, e moi axiña tamén no marcador. Os de Seoane avisaron do seu perigo desde os primeiros minutos, con dúas ocasións claras de Marco e Ayman e, pouco despois, Diego inaugurou a conta cunha xogada pola banda esquerda, Ayman e Manu, nunha acción individual de calidade coa que eludiu ao porteiro rival nun man a man na área, ampliaron a renda antes do intermedio.
Na segunda metade mantívose o monólogo local ante un Burela inoperante, con moitas dificultades para xenerar ocasións de gol. Todo o contrario que o Lugo. Jorge culminou unha boa xogada colectiva marcando o 4-0 e, antes do final, Rosón puxo o broche ao encontro cun disparo desde fóra da área.

 

 

Yossef asinou o pase do Casás

 

CASÁS 1 – LOURENZÁ 0

O Casás fixose un oco nas semifinais da Copa Deputación tras impoñerse ao Lourenzá pola mínima, cun gol de lanzamento directo de Yossef, tras unha falta que deixaría aos laurentinos cun xogador menos e que afondou no seu descontento coa actuación arbitral. O gol chegou no ecuador da segunda metade, despois dunha primeira na que os colexiais puideron tomar vantaxe, con ocasións claras nos minutos iniciais, e na que Diego tivo a mellor para o Lourenzá. Tras o gol, con superioridade no campo, os colexiais dedicaronse a controlar o xogo para non pasar apuros no treito final.

 

 

Victoria da Resi e exhibición de Manu

 

FOZ 2 – RESIDENCIA 6

O Foz atopouse co maior obstáculo -unha Residencia de Galega que non baixou a garda malia o Ascenso- con cinco baixas notables que condicionaron a posta en escena no Municipal. Así, os branquiazuis foron ao descanso con 0-3 despois de crear moito perigo con recuperacións de balón na presión. O 0-4, ao comezar a segunda parte, parecía sentenciar, pero os locais  -liderados por Manu, o mellor xogador sobre sobre o campo- trataron de meterse no partido, e recurtaron distancias, 2-4, antes de dous tantos máis dos visitantes pecharan o encontro.

 

 

Asedio final do Rácing sen premio

 

RC VILLALBÉS 3 – RIBADEO 4

Rácing Villalbés e Ribadeo medíronse por terceira vez na temporada nun partido que volveu caer do lado ribadense, pero cun guión ben diferente aos disputados no Provincial, onde se impuxera a pegada mariñá.
O encontro parecía seguir o mesmo camiño nos vinte primeiros minutos -0 a 2-, pero o cambio táctico dos locais, con tres centrais, cambiou o escenario. Os racinguistas cubriron mellor as espaldas e tiveron máis claridade na saída de balón, pasando do 1-3 co que rematou a segunda metade ao 3-4, a falta de quince minutos para o final. Un último cuarto de hora de asedio no que estrelaron ata catro balóns na madeira, pero que non conseguiu mover o marcador.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu