Residencia, Porto Burela e Palas loitarán polo ascenso á Liga Galega xuvenil

En Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

O Palas xogará polo ascenso

 

SAGRADO C. 2 – PALAS 2

O conxunto de Luis Mato estará na seguinte fase xunto con Residencia e Porto Burela, mentres que o Sagrado quedouse sen opcións tralo empate no Rodríguez Lago.
Os branquiazuis complicáronlles as cousas aos da Ulloa, sobre todo na primeira parte, tras saír ao campo cunha marcha máis e adiantarse antes do minuto dez cun tanto de Júnior.
O gol en contra espertou ao Palas, que pouco a pouco fíxose dono do balón e foi creando ocasións, pese a que ao descanso chegouse co 1-0.
Na segunda metade os de Luis Mato fóronse a polo partido e, tras avisar Navia cun balón ao pau, Pol facía o empate tras un saque de esquina e Ouro asinaba a remontada cun disparo dende fóra da área. Acto seguido Róber devolveu as taboas ao marcador, e con oito minutos por diante o Palas defendeu ben o resultado para asinar a súa presenza na Fase de Ascenso.,

 


 

A Residencia varreu á Milagrosa, que se despide da loita pola Fase de Ascenso

 

RESIDENCIA 7 – MILAGROSA 0

A Resi non tivo piedade no seu campo e pasou por riba dunha Mila con ata cinco cadetes. A falta dunha xornada para a conclusión do Provincial os da Frigsa xa non teñen opcións de loitar por unha praza na Fase de Ascenso, e centrarán todos os seus intereses na Copa.
Pola súa banda, o conxunto de Dani Galán segue preparando a súa posta a punto para a seguinte fase, na que serán cabezas de serie. O ascenso á Liga Galega xuvenil está a tan só 90 minutos para os da Cheda, xa que a primeira eliminatoria xogarase a partido único en campo neutral.

 


 

A vitoria do Ribadeo no Pepe Barrera non priva ao Burela da Promoción

 

RIBADEO 3 – PORTO BURELA 0

Os de Salva meteron aos burelaos nun apreto no derbi mariñao do pasado sábado pola mañá. O triunfo local deixaba aos de Oke a expensas do que fixera o Sagrado pola tarde, e o pinchazo dos branquiazuis ante o Palas deu matematicamente o pase á Fase de Ascenso aos de Oke.
No encontro do Pepe Barrera o Ribadeo demostrou que, co paso da tempada, foi colléndolle a medida ao Burela, e tras dous empates nos enfrontamentos previos, á terceira conseguíu a vitoria.
O encontro quedou sentenciado xa na primeira parte, co definitivo 3-0 grazas a dous goles de Adrián Barrera e outro de Mauro, tras unha asistencia do nove ribadense.

 


 

A igualdade da primeira parte desfíxose tralo descanso con vitoria para o Castro

 

CASTRO 5 – LOURENZÁ 2

Logo de seis xornadas sen puntuar o Castro volveu sumar para acadar a súa cuarta vitoria no Provincial. A última fóra tamén ante o Lourenzá, no encontro de ida en Santa Cruz, e naquela ocasión os chairegos impuxéranse por 1-2.
O partido na Fonte foi igualado durante toda a primeira parte, na que ambos equipos gozaron de ocasións para adiantarse, pero ao descanso chegouse con 0-0.
Na segunda o Castro adiantábase cun gol de Torito. O Lourenzá envorcouse en busca do empate e os locais aproveitaron os espazos para facer tres goles máis antes de que Aksay recortara distancias a cinco do final, tempo suficiente para que Joel e Paulo fixeran os seus goles.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu