Residencia e Ribadeo disputarán a final da Copa Deputación xuvenil

En Copa Provincial, Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Residencia, a unha carta do póker gañador

 

MILAGROSA 1 – RESIDENCIA 5

A Residencia xogará a final da Copa Diputación ante o Ribadeo. Un partido no que os de Dani Galán poden poñer o broche de ouro a unha tempada xa de matrícula de honra na que conseguiron o título zonal, o Provincial e o ascenso á Liga Galega xuvenil.
O último escollo antes da gran final pasaba por superar á Milagrosa en Frigsa. Un campo que non se lle deu ben aos da Cheda esta tempada, xa que no os dous precedentes pasárono mal. No partido correspondente ao zonal empataron a tres, e no Provincial gañaron no seu peor encontro do ano cun solitario gol de Veloso.
A historia parecía repetirse tras unha primeira parte na que a Milagrosa foi mellor, e na que chegou ao descanso con vantaxe tras inaugurar Buján o marcador.
O desgaste físico dos de Couso pasoulle factura á Mila na segunda parte, na que a Residencia reconduciu a situación. Artai empatou o partido a pase de Pedro e iniciou o seu recital que terminou con catro goles e selando a clasificación da Residencia para a gran final da Copa Diputación.

 


 

Catro goles de Adrián Barrera e dous de Mauro levan ao Ribadeo á final de Copa

 

RIBADEO 6 – CASTRO 3

O Ribadeo conseguíu no Pepe Barrera o pase á final da Copa no partido que lle mediu ao Castro, o outro semifinalista.
Os mariñaos saíron moi enchufados a un encontro que sentenciaron con xogadas rápidas á contra, e xa no minuto dous Adrián Barrera abría o marcador co seu primeiro gol da tarde. O Castro estivo por momentos ben no encontro e tivo unha clara ocasión para devolver as táboas ao marcador, pero pouco despois Mauro faría o 2-0 que encamiñaba a eliminatoria antes de que Adrián fixera dous goles máis cando aínda non se cumpriran trinta minutos de partido.
Pese a iso o Castro non se foi do encontro, e antes do descanso Borja recortaba distancias cun gol tras unha falta lateral.
Tralo paso polos vestiarios os locais fóronse de novo entonando e, coa entrada de Casanova, sentenciaron definitivamente o encontro con cadanseu gol de Mauro e Adrián.
Agora o Ribadeo é o único equipo que pode evitar o pleno da Residencia esta tempada, xa que os de Salva mediranse a un rival que neste curso conseguiu o título zonal, o Provincial e asinou o ascenso á Liga Galega xuvenil, na que competirá a próxima tempada.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu