Residencia e Milagrosa volven sorrir con dúas vitorias na penúltima xornada

En Benxamíns, Primeira División Benxamín

A Residencia confirmouse como unha das bestas negras do Porto de Burela neste provincial. Os branquiazuis, que xa rabuñaran un punto no enfrontamento da Cheda, levaron os tres puntos da Marosa, converténdose, tras o Lugo, campión, no equipo que máis puntos restou aos de Rául Lara. Hugo Vázquez, con dous goles, marcou as diferenzas nun partido moi igualado que abriu o venres a penúltima xornada do campionato provincial.A Milagrosa volveu á senda da vitoria despois de seis xornadas ao impoñerse ao CP Lucense na Frigsa, Os de Luisón encarrilaron o encontro con goles de Samuel e Hugo Herbón e mantiveron o partido controlado ata que, a tres minutos para o final, Rubén devolveu a emoción ao encontro co 2-1, que xa non se movería.
O CD Lugo e o Rácing Villalbés, que teñen garantida a primeira e a segunda praza da clasficación, tamén sumaron cadansúa vitoria na penúlitma xornada do campionato. Os albivermellos impuxéronse ao Sagrado Corazón, que completou unha meritoria primeira metade, mentrEs que os racinguistas sumaron os tres puntos ante o Santiago de Foz. Dous goles de Iago Rouco déronlle a volta ao tanto de Asier para os visitantes.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu