Residencia e Milagrosa loitarán por unha praza na Liga Galega infantil

En Infantil, Infantil Autonómica, Principal, Provincial

Remontada e fase na Frigsa

 

MILAGROSA 2 – RIBADEO 2

Milagrosa e Ribadeo xogábanse a unha carta nun duelo directo na última xornada a fase de ascenso en Frigsa, nun partido no que os capitalinos tiñan o factor campo a favor co comodín do empate, que ao final resultou decisivo.
O ambiente foi extraordinario, pero aínda o foi máis o desgaste por parte de ambos equipos. A Milagrosa empezou mellor, pero o Ribadeo demostrou que non estaba de pasada e por medio de Carlos levou o marcador ata o dous a cero ao descanso.
Por diante corenta minutos nos que a Milagrosa necesitaba como mínimo, dous goles. O primeiro non tardou en chegar, e os de Madriles creron no segundo, apoiados polo público, e en apenas dez minutos o marcador xa era de empate a dous tralos goles de Diego e Mario.
A partir de aí, media hora por diante espectacular. Un gol de Ribadeo clasificaba aos de Roberto, mentres que a Milagrosa, lonxe de intentar manter o empate, buscou a remontada.
Os dous equipos dispuxeron de ocasións para marcar, pero o dous a dous xa non se moveu e con el a Milagrosa asegurouse a segunda praza e estará esta tarde no sorteo da Fase de Ascenso na que coñecerá a longa e complicada folla de ruta que lle espera aos de Madriles para volver á Liga Galega infantil.

 


 

Último ensaio para o partido polo Ascenso

 

CD LUGO B 1 – RESIDENCIA 1

Último ensaio xeral da Residencia antes de disputar a eliminatoria polo Ascenso. Un partido único en campo neutral contra un rival que coñecerán esta tarde, cando se celebre o sorte na sede da Federación Galega de Fútbol.
Os branquiazuis xogaron o último partido do Provincial ante o Lugo co título xa na man, tras aseguralo na pasada xornada.
O encontro comezou de cara para o Lugo que se adiantou no primeiro minuto cun gol de Marco que definiu cun tiro cruzado un pase interior de Iker. O propio Marco tivo pouco despois un man a man par aumentar a conta, pero o remate foi fóra, e, antes do descanso, despois de algúns avisos á contra da Residencia, Gabri igualou o encontro co 1-1.
A segunda metade comezou cuns minutos de dominio dos visitantes, con varias accións de centro e remate. Pouco a pouco o partido volveu á tónica da primeira metade, as forzas equilibráronse e ningún dos dous equipos puido mover o marcador.
A Residencia estivo máis cerca de facelo cun balón ao longueiro de Dani Pérez a cinco para o final, e unha dobre ocasión nos dous últimos minutos do encontro. Un tiro de Gabri que Nacho despexou a córner cunha man milagrosa, e un saque de esquina, no que outra boa intervención do porteiro albivermello evitou o gol olímpico de Luisito. Na seguinte xogada, nunha contra levada por Antón, Pepe e Marco, o autor do gol local, puido volver marcar nunha acción na que caeu tras chegar só á area, e na que o equipo albivermello reclamou penalti.

 


 

Punto e final con vitoria mariñá

 

PORTO BURELA 2 – PIRINGALLA 0

Partido de poder a poder na primeira parte na Marosa, onde o Porto de Burela e a Piringalla puxeron o punto e final á súa participación no Provincial infantil.
Ambos equipos despedírono con moi boa nota, xa que para os capitalinos xa foi un logro histórico esta clasificación, mentres que os mariñaos, cun equipo practicamente de primeiro ano, finalizaron cuartos.
Ao descanso chegouse sen goles, co cero a cero inicial no marcador, pero nos vestiarios Javi Ruiz variou o rumbo do encontro cun cambio táctico. Pasando a xogar o Porto de Burela cun 3-5-2 co que se atoparon máis cómodos e co que desnivelaron a balanza para o seu lado.
Iago e Adrián foron os autores dos goles cos que se puxo o punto e final ao Provincial infantil nun encontro que finalizou ás 20:15 da tarde de onte.


 

Viveiro e Rácing Villalbés pecharon unha tempada na que cumpriron con creces cos seus obxectivos 

 

SD VIVEIRO 1 – RC VILLALBÉS 4

O Villalbés rematou o Provincial con boas sensacións tras lograr no Cembedo a terceira vitoria dunha competición na que deixaron un legado maior en fútbol que en goles. Ese era tamén o guión do partido ante o Viveiro ata os dez minutos finais.
Os locais adiantáranse cun gol temperán de Pablo, aos quince minutos nun lanzamento directo de falta, e o marcador non se volvera mover malia que, na segunda metade, os de Simón foron acumulando posesión e empezaron a chegar con máis asiduidade e perigo á area celeste.
O Viveiro estaba conseguindo manter a portería a cero, co aire soprando en contra, pero, no minuto 71, os visitantes marcaron o empate e viñéronse arriba levando o marcador ata o 1-4 definitivo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu