Residencia B e Palas chegan aos oitavos de final

En Copa Provincial, Xuvenil

Paso adiante da Resi

 

RESIDENCIA B 4 – QUIROGA 0

A Residencia B avanza na Copa tras superar ao Quiroga na ronda previa.

Os branquiazuis acabaron impoñéndose con comodidade nun partido que lles custou madurar ante un rival ben posicionado que, sobre todo na primeira parte, neutralizou ben o seu xogo en ataque. De feito, o encontro chegou ao descanso con 1-0 no marcador. Javi abriu a lata aos trinta minutos pero o Quiroga tamén tivo nunha acción de Juan, que rematou moi escorado unha chegada perigosa.
A segunda metade comezou coa mesma tónica, pero o 2-0, tamén de Javi, nunha acción na que os visitantes reclamaron fóra de xogo, baixou os brazos dun Quiroga ao que se lle fixo longa a temporada despois dunha primiera fase da competición na que soñaron coa clasificación para o campionato Provincial.

 

Mateo parou dous penaltis e levou ao Palas a oitavos 

 

PALAS 2 – CORGO 2

O Palas clasificouse para os oitavos de final da Copa tras eliminar ao Corgo na quenda de penaltis. Os locais estiveron moito máis finos e anotaron os tres primeiros lanzamentos, mentres o Corgo non conseguiu inaugurar a conta. Mateo detivo dous dos tiros asinando a clasificación para os da Ulloa.
A eliminatoria decidiuse desde o punto de penalti despois dun encontro disputado no que o Palas chegou a ter unha renda de dous goles Os visitantes tiveron as mellores ocasions para adiantarse nunha primeira metade que acabou con 0-0 e trataron de manter a iniciativa na segunda parte. Sen embargo, o Palas foi máis eficaz. Samuel anotou o 1-0 ao rematar unha acción de Brais pola banda e, pouco despois, Adrián Martínez fixo o segundo nun lanzamento de falta directa.
O 2-0 parecía vantaxe suficiente para os sete minutos que quedaban de tempo regulamentario, pero a lesión de Noel cos cambios xa feitos, complicou o treito final para os da Ulloa. O Corgo reaccionou e igualou o partido. David bateu ao porteiro cun tiro cruzado e, no desconto, Ruiz culminou o empate tras controlar un balón en longo e anticiparse ao porteiro na saída.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu