Resi B e Sagrado manteñen o man a man no grupo Centro cadete

En Cadete, Principal, Provincial

Villalbés B e Pontenova comezaron a sumar no Norte. No Sur, o Monterroso saíu líder do derbi co Antas á espera do duelo polo liderado coa Resi A

Residencia B e Sagrado poden presumir de rexistros récord nesta primeira fase da temporada na que igualan a vitorias.

Á par
Residencia B e Sagrado Corazón comandan a clasificación do grupo Centro tras volver gañar os seus partidos da xornada, exhibindo cada un as súas fortalezas. A Residencia B, a facilidade para o gol; o Sagrado Corazón, a seguridade defensiva. Os de Brais son o único equipo da categoría que aínda non encaixou un gol. As outras vitorias da xornada foron para Casás e EF Polvorín, con idénticos 4-0 nos marcadores. Os amarelos remontan na clasificación tras a penalización da primeira xornada, e camiñan directos cara aos primeiros postos.

Tres de tres Monterroso e Residencia aséntanse nas primeiras posicións do grupo Sur con tres vitorias nos tres partidos disputados esta temporada. Encontros cómodos para os dous equipos que se postulan como candidatos ao Provincial e que a vindeira fin de semana terán o primeiro choque directo. coa imbatibilidade e o liderado en xogo. A espreita estará o Becerreá, terceiro tras empatar a dous coa Sarriana. Os de Antón viron escapar dous puntos nos últimos dous minutos do encontro, moi igualado.

Primeiras vitorias Villalbés B e Sporting Pontenova estrearon esta xornada o seu casilleiro de puntos. Os finais dos partidos foron máis apertados da conta tanto para un como para outro equipo pero acabou impoñéndose o maior dominio exercido durante boa parte dos encontros. O Ribadeo mantense na primeira praza do grupo Norte tras enlazar ante un rocoso Xove a cuarta vitoria consecutiva. Os ribadenses teñen dous puntos de vantaxe sobre o Foz, que viu como se lle escapaba o triunfo ante o Burela nos minutos finais do encontro cun gol de penalti moi cuestionado polo equipo visitante.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu