Reparto de puntos nun partido de alturas na División de Honra cadete

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Ver competir a estos jugadores es un orgullo para todos nosotros, resumen el ADN del club”

VAL MIÑOR 1 – CD LUGO 1

O Lugo foi de menos a máis en Nigrán. Os de Jose Mato sufriron na primeira media hora na que o porteiro debutante na máxima categoría do fútbol base cadete, Demetrio, mantivo o cero a cero inicial cunha serie de boas intervencións. Mentres que na recta final do encontro, os lucenses chegaron a adiantarse no marcador e por méritos, mereceron os tres puntos en xogo.
O Val Miñor meteu ao Lugo no seu campo no tramo inicial, con fútbol directo e unha presión alta. A partir da media hora, o Lugo conseguiu sacudirse o dominio local e empezou a xerar en ataque. Yago, a pase de Dani, acariñou o cero a un estrelando un balón no larguero e Herrero, cunha internada pola banda nunha das últimas xogadas da primeira parte tamén puido facer o 0-1.
As boas sensacións continuaron tralo descanso. Mario Prol, Andrés, Yago e Xabi asediaron a portería rival antes de que Yago, actuando como dianteiro centro, plasmase a superioridade do Lugo co cero a un. Un resultado que durou moi pouco xa que na seguinte xogada empatou o Val Miñor propiciando o reparto de puntos nun duelo de alturas entre dous dos mellores equipos da competición.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu