Remontada ca mirada posta en Abegondo

En Cadete Superiores, División de honra, Principal grande

Tralo 0-1 do Vitoria os de Martín Murado reaccionaron con autoridade antes de visitar ao Deportivo nun duelo de alturas

Vitoria do Lugo cadete na División de Honra nun encontro no que os de Martín Murado foron de menos a máis.
A posta en escena foi discreta. Ao equipo faltoulle fluidez co balón ante un Victoria moi repregado que inaugurou o marcador no ecuador do primeiro tempo ao aproveitar unha perda de balón do Lugo ao comezo dunha xogada.
O cero a un aínda deixou máis tocados aos lucenses, pero tiveron a mellor medicina aos seus males co empate a un que asinou Samu ao aproveitar un balón solto dentro da área rival. Nos minutos finais da primeira parte o Lugo empezou a despegar aínda que non tivo o premio do gol.
Tralo paso polos vestiarios, cun cambio de sistema, pasando a un clásico 4-4-2, o Lugo ofreceu a súa mellor versión. Malia iso os minutos pasaban co empate a un, ata que Brian apareceu no segundo pau para rematar un centro de Manu cun espectacular remate de cabeza para asinar o 2-1 ao fío da hora de partido.
Martín Murado reconstruíu o equipo, que se desordeara para buscar a remontada
Xa na recta final, a falta de tres minutos, Samu frotou a lámpada e saíu unha xenialidade dela. O dez lucense sentenciou o encontro cun golazo, que asinou tras driblar ao porteiro herculino picándolle o balón para rematar a pracer e selar tres novos puntos en xogo para un Lugo que, na próxima xornada, terá un duelo de alturas ante o Deportivo en Abegondo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu