Reencontro coas boas sensacións e cos tres puntos

En Cadete, División de honra

Manu participou nos tres goles, asinando dous e dando outro na clara vitoria do Lugo en Vigo

O Lugo recuperou o pulso na División de Honra cadete tras reencontrarse cos tres puntos e sobre todo coas boas sensacións. Os de Martín Murado asinaron un gran partido en Vigo ante o Areosa e plasmárono no marcador co cero a tres final.
A primeira media hora foi clave. A boa posta en escena do Lugo, que monopolizou a posesión e tivo profundidade por ambas as bandas, viuse recompensada no marcador co cero a dous que reflectía o marcador aos trinta minutos.
O cero a un asinouno Castrín ao rematar un saque de esquina executado por Manu ao cuarto de hora. Lonxe de conformarse o Lugo foi ambicioso e xerou ocasións, sendo as máis claras por medio de Pérez e Brian antes de que Manu derrubase de novo o armazón defensivo local cun disparo cruzado para levar o marcador ata o cero a dous.
En defensa o Lugo non concedeu nada ao Areosa, chegándose ao descanso co partido baixo control por parte lucense. Tras o descanso aos de Martín Murado custoulles un pouco máis, viuse un partido máis igualado pero sen chegar a ter opcións de meterse nel o Areosa, sobre todo tras o cero a tres que volveu asinar Manu, nesta ocasión ao enviar ao fondo das mallas un balón solto para certificar a vitoria do Lugo en Vigo.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu