Reacción e premio final

En Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

O rácing villalbés variou o rumbo do partido no descanso cun cambio de sistema de Simón Lamas para impoñerse ao San Tirso

O Rácing Villalbés xa se fai valer no Roca. Os de Simón Lamas quedáronse cos tres puntos en xogo nun partido no que foron de menos a máis ante o San Tirso que, sobre todo na primeira parte, deixou moi boas sensacións.
Os herculinos, pese a non ser filial do Deportivo, contan con xogadores que saen do club referencia e intentaron sorprender ao Rácing cunha intensa posta en escena na que meteron ao Villalbés no seu campo con varios saques de esquina consecutivos tras estrelar un balón na madeira cun potente disparo afastado.
Aos poucos o Villalbés foi collendo aire, aínda que en xogadas illadas, chegándose ao descanso co cero a cero inicial no marcador.
Nos vestiarios Simón Lamas variou o rumbo do partido pasando a un 4-4-2 co que os chairegos axustaron mellor en defensa e soltáronse máis en ataque.
Iago Gesto confirmou as sensacións co un a cero aos cinco minutos e cinco máis tarde David fixo o dous a cero.
O San Tirso quixo dar guerra recortando distancias, pero Gabi quitoulle emoción aos minutos finais ao sentenciar o encontro na recta final co definitivo tres a un co que o Rácing Villalbés debutou esta tempada na Liga Galega cadete..

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu