Rácing Villalbés e Residencia líderes

Ambos conxuntos pechan o 2022 liderando os grupos Norte e Sur, nos que a gran batalla céntrase na loita polo segundo posto para disputar o Provincial

GRUPO NORTE
O Rácing Villalbés despediu o ano vendo a última xornada dende a casa, xa que os de Roberto Freire descansaron nesta cita. Malía iso, chegan ao parón de Nadal con 11 puntos de renta sobre o segundo clasificado.
Precisamente a loita polo segundo posto é a que se libra con máis igualdade xa que do segundo clasificado ao sétimo, hai tan só 6 puntos de diferenza.
Ata o segundo posto ascendeu nesta xornada a Milagrosa B, tras impoñerse no Suso Cruz ao Guitiriz, que mantén o seu posto para disputar o Provincial pese a ser terceiro xa que os de Frigsa non poderían xogalo ao ter o primeiro equipo xa na Liga Galega cadete.

GRUPO SUR
A Residencia despedirá o 2022 o próximo venres ante o Antas na Cheda no encontro aprazado desta xornada, pero os capitalinos xa teñen asegurado pasar o parón de Nadal coma líderes do Grupo Sur, ao avantaxar en un punto cun encontro menos ao Corgo, segundo clasificado.
Os de Fuentes recuperaron a praza de Provincial tras impoñerse no duelo directo á Sarriana, 2-1, nun encontro no que o adestrador local, Fuentes non puido dirixir ao equipo e no seu lugar tomou ás rendas a súa filla Sonia Fuentes que debutou cunha vitoria que pode marcar unha tempada.
O Polvorín, tras encadear ante o Becerreá a cuarta vitoria consecutiva promete batalla de cara ao 2023 por estar no Provincial, un soño que mantén o Antas, que de impoñerse o próximo venres á Residencia nun encontro que arrincará as 18:30 horas, pode chegar ao parón empatado a puntos co segundo clasificado.
Outro dos encontros aprazado nesta xornada foi o do Casás ante Piringalla, un duelo que se xogará mañá a partir das 20:30 horas nas Gándaras.

Salir de la versión móvil