Punto para coller impulso

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

Tralo parón, a Residencia xogarase a permanencia

 

URAL B 1 – RESIDENCIA 1

A Residencia sumou un punto importante na Grela ante o Ural B co que mantén ao As Pontes fóra do tiro de pedra, ao chegar ao parón da próxima xornada con catro puntos de vantaxe, os mesmos que defenderán os de Dani Galán nos últimos cinco encontros de Liga nos que se xogarán a permanencia e no que sobre todo aparece no horizonte unha saída ás Pontes.
A Residencia viaxou á Coruña moi mermada de efectivos. Os da Cheda reciben o parón de bo grao para recuperar efectivos xa que ante o Ural tan só contaron con trece xogadores dispoñibles. Pese a iso, o partido foi bo, sobre todo na primeira parte na que Begonte fixo o cero a un cun disparo desde a frontal ao fío do descanso. Antes, a Residencia dispuxo das ocasións máis claras pero faltoulle calma nos metros finais para poder irse ao descanso cun marcador máis amplo.
Ao comezo da segunda parte Fonseca tivo o cero a dous pero acto seguido chegou o empate a un. A partir de aí, os dous equipos tiveron ocasións para desnivelar o marcador pero o un a un mantívose ata o asubío final. Un punto que sabe a premio e co que a Residencia chega ao parón con deberes pero con certa marxe de erro aínda na Liga Galega xuvenil.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu