Punto e final á travesía do Polvorín

En Cadete, Cadete Autonómica, Fase de Ascenso

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

 

EF POLVORÍN 1 – CONXO SANTIAGO 4

O Polvorín puxo o punto e final á tempada e ao soño do ascenso tras caer ante o Conxo Santiago na penúltima eliminatoria da fase de ascenso á Liga Galega cadete.

Os de Caballero pecharon o curso cun notable alto tras ser campións provinciais e con iso poder disputar a eliminatoria de campións. Outro equipo santiagués, neste caso o Compostela, obrigou aos de Montirón a coller o camiño máis longo que o Conxo Santiago cortou impoñéndose nos dous encontros.
O Polvorín tiña que remontar o dous a un do partido de ida, e soñouse con iso pese ao un a catro final.
A posta en escena dos de Caballero foi moi boa, con intensidade e intentando que se xogase en campo rival. A dose de moral que facía falta chegou no ecuador da primeira parte co un a cero de Raúl tras un saque de esquina.
O Polvorín estaba a un gol de pasar a eliminatoria e o que era máis importante, o Conxo Santiago estaba tocado.
Cando peor o pasaban os composteláns chegou o un a un nunha acción illada ,pero aínda así o Polvorín estaba a un gol de forzar o lanzamento de penaltis.
O cansazo empezou a facer mella nos lucenses e o un a dous nunha das últimas xogadas da primeira parte foi unha estocada demasiado profunda, deixando ao Polvorín moi tocado de cara a unha segunda parte na que, co un a tres o partido e o soño do ascenso se esfumaron, pero sin empañar o máis mínimo a tempada dos de Caballero.

“Gracias a los chavales por el esfuerzo y compromiso en este tiempo que hemos pasado juntos”CABALLERO Polvorín

 

También puedes leer!

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Boiro, última pedra no camiño do Viveiro

Os de Antonio Serrano serán novo equipo da Liga Galega infantil se superan a última eliminatoria da fase de

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu