Punto de partida do Lugo B

En Cadete, Liga Galega

Seoane e Yoni toman as rendas do equipo tras unha semana de cambios. O cadro albivermello tívose que conformar cun punto pese a merecer os tres en xogo ante o Calasanz

O Lugo B sumou un punto que vale moito máis que o que significa a nivel clasificatorio. Os capitalinos intentan recuperar a normalidad tras unha semana de moitos cambios que desencadeou con Seoane e Yoni ao mando do conxunto albivermello.
Os xogadores responderon moi ben ao longo da semana nos adestramentos e tamén ao longo do encontro. O Lugo B foi mellor e dispuxo de máis ocasións pese ao cero a cero final.
Gabri xerou as mellores accións da primeira parte por banda esquerda, sobre todo dúas que terminaron con candanseu remates de Darío cos que o Lugo B rozou o gol.
Nos primeiros corenta minutos xogouse en campo dun Calasanz que apenas inquietou a Jacobo cun par de disparos moi afastados. Xa na segunda parte o Lugo B meteulle unha marcha máis ao partido. Os cambios déronlle ao equipo un plus a nivel ofensivo e o gol, por momentos, parecía cuestión de tempo.
Luisito, cun remate de cabeza chegando desde segunda liña que se foi alto e un gol anulado por dubidoso fóra de xogo a Darío tras pase de Leo foron as ocasións máis claras. Pola súa banda o Calasanz B sacudiuse o dominio lucense tan só nalgún tramo da segunda parte, sen chegar a dispoñer de ocasións claras de gol.
Ao final, empate que sabe a pouco pero que supón un novo punto de inflexión para un Lugo B que visita Frigsa o xoves para medirse coa Milagrosa nun apaixoante derbi capitalino na Liga Galega cadete.

“O segredo está en seguir traballando cada día” JOSE SEOANE CD Lugo B

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu