Punto de mérito para o Calasancio en Redondela

En Liga Galega, Xuvenil

Os cadetes Iker e Manu volveron ter minutos ante as baixas de Sergi e Iago
O Calasancio tirou de solvencia para sumar un punto na sempre complicada visita ao campo de Santa Mariña, en Redondela.
Rubén Núñez suscitou o encontro de saída cun 4-1-4-1 pero o Choco B tiña moita máis presenza por dentro e xeraba problemas ao Calasancio, polo que a reacción do técnico non se fixo esperar e cun cambio de debuxo no seu equipo, pasando a un 4-2-3-1, os monfortinos estiveron máis cómodos.
O Calasancio saíu con vida do tramo inicial no que o Choco dispuxo de tres ocasións moi claras nas que Manu estivo brillante baixo paus. Aos poucos o Calasancio asentouse, sacudiuse o dominio local e empezou a deixarse ver en ataque chegando ao descanso con mellores sensacións.
A liña ascendente continuou na segunda parte, na que o Calasancio tivo máis presenza en ataque e dispuxo de tres ocasións claras por medio de Dani, David e Andrés, pero o balón non quixo entrar. Xa na recta final Manu volveu ser decisivo cunha gran intervención e o Calasancio aguantou heroicamente o asedio final do Choco B en busca do empate cun carrusel de córners nos que se luciu a solvencia monfortina.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu