Primeiro set e partido no Grand Slam celeste

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica, Principal

SD VIVEIRO 6 – ESTRADA 0

O Viveiro impúxose por un claro e contundente seis a cero no partido de volta da eliminatoria que lle mediu co Estrada, ao que xa se impuxo por cero a tres na ida, mandando un novo aviso aos seus rivais de que quere este ascenso.Os de Antonio Serrano gañaron cun set en branco a primeira eliminatoria, pero o Grand Slam do ascenso xógase ao mellor de tres eliminatorias e ao Viveiro quédanlle dous por diante. O seu próximo rival será un equipo que xogou a eliminatoria de campións, o Cambre, que viu como o Victoria de Santiago remontaba no partido de volta o dous a cero co que se impuxeran no encontro de ida.
Ante o Estrada o Viveiro non quixo ningún tipo de sorpresas. O cero a tres do partido de ida podía invitar á relaxación, pero os celestes saltaron ao Marcos Gómez moi enchufados e con dous goles nos primeiros dez minutos converteron o encontro de volta nun adestramento oficial.
O Estrada apenas foi capaz de competir ante un Viveiro que, co paso dos minutos, foi ampliando a diferenza no marcador ata o definitivo seis a cero.
Agora Antonio Serrano ten unha semana por diante para volver a enchufar ao equipo de cara a unha eliminatoria que se presenta moito máis igualada ante o Cambre.

 

“Ahora toca centrarnos y prepararnos lo mejor posible para para dar el siguiente paso”
ANTONIO SERRANO SD Viveiro

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu