Premio para a versión máis fiable do Calasancio

En Liga Galega, Xuvenil

Abel, con dous goles, rubricou o gran partido dos de Rubén NúñezO Calasancio de Rubén Núñez vai tomando forma. Tras o borrón da terceira xornada ante o Pabellón Ourense, os monfortinos endereitaron o rumbo da mellor forma posible, con dúas vitorias consecutivas.
A última ante o debutante Monteporreiro foi ademais a primeira lonxe dos Escolapios esta tempada, e ante un rival que sumaba tres triunfos consecutivos.
Os locais quixeron o balón desde o inicio e o Calasancio, a pesar de que tentou apertar arriba, tivo que replegarse e armarse desde atrás dada a boa circulación do seu rival. O plan saíu ben xa que á contra chegaron as ocasións, sendo as máis claras na primeira parte Jordi e Andrés, aínda que ao descanso chegouse con 0-0.
O Calasancio creceu na segunda parte, foi solidario e moi competitivo, polo que tan só faltaba a guinda do gol e esta púxoa Abel por partida dobre tras cadansúa acción individual nos minutos finais. O Monteporreiro deulle emoción ao tramo final, tras recortar distancias e colgar balóns á desesperada, pero o Calasancio fíxose forte e sumou unha vitoria de prestixio nun campo que será unha visita ao dentista para os equipos que pasen por alí.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu