Porto Burela e Palas son os mellor posicionados para a Fase de Ascenso xuvenil

En Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Un Sagrado Corazón á alza

 

SAGRADO 2 – RIBADEO 1

As opcións non son moitas, pero coa calculadora na man o Sagrado pode ser a gran sorpresa nesta recta final do Provincial. Os branquiazuis, con 3 vitorias nos últimos 4 partidos, teñen opcións matemáticas de clasificarse para a Fase de Ascenso, e nas dúas últimas xornadas enfróntanse a Palas e Porto de Burela, os dous equipos que agora mesmo ocupan as prazas dispoñibles para a promoción. Gañando os encontros que lles quedan, as posibilidades dos das Gándaras estarían en mans dos da Ulloa, o Porto Burela e a Milagrosa.
Para que todo seña unha opción real o Sagrado gañou o pasado sábado ao Ribadeo no Rodríguez Lago. Un encontro que o conxunto de Salva dominou na súa maior parte, pero no que se viron condeados por un erro na primeira parte que aproveitaba Júnior, e por outro gol en posible fóra de xogo na segunda que poñía o partido de cara para os branquiazuis.
Adrián Barrera recortaba distancias a cinco minutos para o final. De aí ao asubío final os mariñaos gozaron de ocasións que a defensa local foi quen de desbaratar con máis ou menos apuros.

 


 

A Milagrosa aínda esta viva

 

MILAGROSA 7 – CASTRO 1

A vitoria ante o Castro mantén á Mila con opcións de clasificarse para a fase final de ascenso, aínda que para iso os de Couso non poden fallar nas dúas últimas xornadas, e deben tamén agardar polos pinchazos de Burela ou Palas, a catro e dous puntos respectivamente. Os albivermellos enfróntase nas dúas últimas xornadas á Resi, na Cheda, e ao Ribadeo no López Gorgoso, polo que a tarefa non será fácil.
O partido do pasado sábado ante o Castro quedou sentenciado na primeira metade, cun resultado de 4-0 ao descanso. O conxunto chairego conseguiu reducir distancias tralo paso polos vestiarios por medio do cadete Jorge, pero aos poucos a Mila volveuse enchufar e conseguiu facer tres goles máis para asinar unha contundente vitoria que pode servir de motivación aos da Frigsa para apurar as súas opcións neste Provincial.

 


 

O Porto Burela acércase á fase de ascenso trala vitoria ante a Resi

 

PORTO BURELA 3 – RESIDENCIA 2

A primeira derrota da Residencia nesta tempada chegou de mans dun Porto Burela que está a unha vitoria de acadar o billete para a fase de ascenso.
Os branquiazuis adiantáronse na Marosa no minuto un por medio de Artai. Yago pronto devolveu as taboas ao marcador, e pese que a Resi levou o peso do encontro ata o descanso, os de Dani Galán non estiveron acertados de cara a portería.
Na reanudación a Resi adiantouse de novo por medio de Veloso, pero o empuxe do Burela levounos á remontada con dous goles case seguidos de Jairo e Yago. De aí ao final, os de Oke souberon defender con orde para que os tres puntos quedaran na Marosa.

 


 

Pablo dá o triunfo a un Palas que depende de si mesmo para clasificarse 

 

LOURENZÁ 0 – PALAS 1

A vitoria deixa aos de Luis Mato a catro puntos de entrar na Fase de Ascenso a falta de dúas xornadas para o remate do Provincial. Aínda así, os da Ulloa poderían certificar o pase a vindeira fin de semana, se puntúan no Rodríguez Lago e a Milagrosa non o fai no seu encontro ante a Resi.
O partido en Santa Cruz foi igualado durante toda a primeira parte, e con apenas ocasións para ningún dos dous equipos. Pero a tres minutos do descanso Pablo desnivelou o marcador tras unha asistencia de Iván Navia. Na segunda metade o Palas puido sentenciar, pero no último minuto Nico tivo que facer unha intervención de mérito a un disparo de Luis para que os 3 puntos viaxaran a Palas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu