Polvorín-Residencia e Sarriana-Milagrosa, os duelos nas semifinais da Copa cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Copa Provincial

Lucas deulle o pase ao Polvorín 

 

POLVORÍN A – RIBADEO 0

O Polvorín citarase coa Residencia nas semifinais da Copa Diputación tras eliminar ao Ribadeo nun partido de poder a poder no que Lucas desnivelou a balanza a favor dos de Caballero cun solitario gol no último minuto, co que evitou que a eliminatoria se decidise desde o punto de penalti.
Ata entón reinou a igualdade. O Polvorín quixo facer valer o factor campo nos primeiros minutos, pero a intensidade e a loita librouse lonxe das áreas, de aí que ao descanso se chegase co cero a cero inicial.
O cansazo empezou a facer mella en ambos equipos na segunda parte, na que o Polvorín buscaba as súas opcións en accións a balón parado e o Ribadeo con balóns longos ante os que a defensa capitalinos estivo moi segura.
Co paso dos minutos o medo a perder fixo que os dous equipos puxesen máis atención a non encaixar que en facer dano, ata que no último minuto Lucas culminou unha acción de fútbol directo coa que desnivelou o marcador. No tempo de desconto o mariñao Borja tivo nas súas botas o gol do empate, pero o balón non quixo entrar nun claro remate.

 

 

Cara nos penaltis para a Residencia 

 

XOVE LAGO 2 – RESIDENCIA 2

A Residencia mantén o seu idilio coa fortuna nos lanzamentos de penalti esta tempada. Os de Antonio Gómez xa eliminaron ao Meirás na fase de ascenso á Liga Galega deste xeito, e agora fixérono na Copa Diputación para coarse nas semifinais tras apear ao Xove Lago da competición.
Os de Iravedra foron mellores no tramo inicial de partido e Álvaro adiantou ao Xove. Aos poucos a Residencia foi crecendo e na segunda parte os da Cheda déronlle a volta ao marcador cos goles de Martín Bena, ao culminar unha contra, e de Hernández, á saída dun córner.
O Xove non se rendeu e forzou a quenda de penaltis no último suspiro co dous a dous que asinou Gabriel. A lotería dos penaltis sorriu á Residencia, que xogará as semifinais ante o Polvorín a partido único en Montirón.

 


 

A Ribela terá a chave para a final

 

SARRIANA 3 – PORTO BURELA 2

A Sarriana estará nas semifinais da Copa Diputación tras eliminar ao Burela, unha das revelacións deste torneo ,na Ribela, campo no que se disputarán tamén as semifinais nas recibirán á Milagrosa.
O duelo entre a Sarriana e o Porto de Burela foi de poder a poder. Con intercambio de golpes e alternativas tanto no xogo como no marcador. Os mariñaos empezaron pegando primeiro co 0-1 de Nico nada máis empezar, pero Abella fixo o 1-1 aos sete de xogo. Antes do descanso o Burela volveu tomar as rendas por medio de Gayoso.
Nada máis empezar a segunda parte Abella empatou o encontro a dous e, antes de que se chegase aos penaltis, Marco deulle o pase á Sarriana tras poñer o balón na escuadra para culminar unha acción entre Prieto e Abella.

 


 

A Milagrosa quere a tempada perfecta

 

FOZ 1 – MILAGROSA 3

A Milagrosa, unha vez conseguidos os obxectivos marcados a principio de tempada, sobre todo co ascenso á Liga Galega cadete, segue demostrando que ten fame de títulos e que quere poñerlle a máxima nota posible a esta tempada alzándose coa Copa Diputación.
O Foz vendeu caro o pase á seguinte rolda, xa que ao descanso chegouse con un a cero tras un gol olímpico de Victor.
O plan dos mariñaos estábase trazando á perfección, cedéndolle a iniciativa a unha Milagrosa que non atopou o camiño para crear perigo na primeira parte.
Na segunda, o Foz acusou o desgaste físico e a Milagrosa aproveitouno. Neira empatou o encontro e Marco, con dous goles, sentenciou a eliminatoria e o pase para unha Milagrosa que se xogará un posto na final de Copa a partido único na Ribela.

También puedes leer!

2 commentsOn Polvorín-Residencia e Sarriana-Milagrosa, os duelos nas semifinais da Copa cadete

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu