Polvorín mando no Sur. Lugo B, no Norte

En Infantil, Principal

Os cinco primeiros clasificados saldaron con sendas vitorias os encontros da última xornada do ano, mentras que o Polvorín volveu dar unha mostra de poderío no Grupo Sur

GRUPO NORTE Os cinco primeiros clasificados do Grupo Norte despediron o 2022 con cinco vitorias, demostrando que a estas alturas de tempada xa non hai tregua na loita por un dos dous primeiros postos que dan acceso a disputar o Provincial.
Lugo B e Burela SD chegan ao parón nos dous primeiros postos, con Porto Burela, Milagrosa e Ceosport en plena loita e sen dar marxe ao erro, nun Grupo Norte no que, máis que presumiblemente non se decidirán os dous postos de promoción ata o desenlace final e os duelos directos na segunda volta.

GRUPO SUR O Polvorín, no Grupo Sur, segue nas súas de deixar sen emoción nin discusión o primeiro posto. Os de Fernando Corredoira chegan ao parón de Nadal con 13 vitorias nos 13 encontros disputados, con 123 goles a favor e tan só 1 en contra, e sobre todo sen dar ningunha mostra de debilidade coma nesta xornada na que recibiron ao terceiro clasificado, o Antas, en Montirón.
O Polvorín queda cunha renta de 12 puntos sobre o actual terceiro clasificado, o Sagrado Corazón que despide o ano con dúas vitorias consecutivas e ca Piringalla no punto de mira, estando os de David Pereira a seis puntos e marcando o corte dos dous primeiros para disputar o Provincial infantil cos dous primeiros do Grupo Norte.
A falta de xogar algún encontro aprazado, os dous grupos despediron o 2022 e reanudarán a competición a fin de semana do 7 e 8 de xaneiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu