Podio e permanencia para o Calasancio infantil

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur, Principal grande

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Un año más el Calasancio en la Liga Gallega infantil. Estoy orgulloso de entrenar a estos chicos, han dado unha lección de lo que es trabajar en equipo para conseguir un objetivo común. Gracias”

CALASANCIO 4 – PONTEVEDRA 0

A Liga Galega infantil seguirá facendo escala en Monforte unha tempada máis. O baño no Cabo, que xa se está convertendo en tradicional ao final de cada tempada, volveuse repetir este curso ao certificar os de Carlos Fontal ante o Pontevedra a permanencia.
O Calasancio é un dos poucos equipos galegos que pode presumir de competir na Liga Galega infantil desde a súa creación, e seguirao facendo.
Os de Carlos Fontal chegaban á última xornada dependendo deles mesmos, e non deixaron pasar a oportunidade. O Calasancio chegou ao momento decisivo da tempada nun gran estado de forma, e demostrouno nas últimas xornadas.
Ante o Pontevedra dominou desde os primeiros minutos e controlou a ansiedade ata que no tramo final da primeira parte chamou e derribou a porta do Pontevedra.
O un a cero asinouno Xoel Irimia ao transformar un penalti cometido sobre Adrián, e antes do descanso Nodar e Xoel fabricaron e marcaron o segundo e terceiro gol do Calasancio. Xa na segunda Nodar asinou o catro a cero final antes de que comezase a festa pola permanencia nos Escolapios.
Unha tempada máis a Liga Galega pasará por Monforte. Unha parada que fai dende a creación desta competición.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu