Pobre reencontro da Liga Galega xuvenil coa Cheda

En Liga Galega, Principal, Xuvenil

A Residencia debutou no seu campo con derrota ante un Dumbría que remontou o gol inicial de Veloso e rematou o partido moito mellor

O esperado regreso ao Municipal da Cheda non foi o soñado pola Residencia. Os de Dani Galán cederon os primeiros puntos xogando en Lugo esta tempada, na reestrea do seu terreo de xogo, tras perder cun Dumbría que foi de menos a máis ata remontar o un a cero co que Veloso adiantou á Residencia ao comezo da segunda parte.
Ata entón, na primeira parte, as sensacións non foran boas e o cero a cero ao descanso era a mellor noticia para os locais, xa que o Dumbría dispuxo das ocasións máis claras no primeiros corenta e cinco minutos cun forte disparo e outro balón que sacou Adri sobre a liña de gol cando Fer xa estaba vencido.
A charla de Dani Galán no descanso reactivou á Residencia, que disputou os seus mellores minutos ao comezo da segunda parte, recompensados co un a cero que asinou Veloso nunha acción marca da casa tras facerse cun balón ao espazo. O propio Veloso tivo outra ocasión clara para o dous a cero, pero o seu remate nesta ocasión foise desviado.
A Residencia parecía controlar o encontro, chegando con certa facilidade tras sacar o balón xogado, pero unha perda de balón na que Fonseca non puido derrubar a un xogador local a pesar de tentalo, desencadeou no empate a un.
Un gol que minou a moral da Residencia ata que nunha contra chegou a sentenza do Dumbría sen que os lucenses tivesen poder de reacción con ocasións claras no tramo final de partido.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu