Plan trazado e executado á perfección

En Liga Galega, Principal, Xuvenil superiores

RESIDENCIA
Vitoria clara dunha Residencia que madurou o encontro ata poñer fin a resistenza dun Lalín que rematou o encontro con nove xogadores sobre o terreo de xogo e claramente superado.
De inicio, a posta en escena lucense foi espectacular e Gabi rachou co cero a cero inicial aos tres minutos tras aproveitar un balón ao espazo para inaugurar o marcador. Con todo baixo control, un exceso de relaxación da Residencia propiciou o empate antes de chegar aos dez primeiros minutos.
A partir de ahí, repliegue do Lalín ante unha Residencia que foi madurando o encontro pouco a pouco, dando un paso a fronte ao inicio do segundo tempo cun cambio de sistema, pasando a un 4-3-3 sendo máis agresivos e coa entrada de Goás moito máis incisivos nos metros finais.
O propio Goás dispuxo dun penalti que non puido materializar pero continuou sendo o MVP do encontro.
A vinte minutos para o final chegou o 2-1 cun autogol dun Lalín que acto seguido sufriu dúas expulsións antes dun treito final no que, David, cun paradón evitou o 2-2, mentras que Lucas, cun remate de cabeza e Goás ao culminar unha contra, puxeron o 4-1 no marcador final na Cheda.

“SOUBEMOS SER PACIENTES E DINAMITAR O ENCONTRO NA SEGUNDA PARTE” ADRIÁN VÁZQUEZ – Residencia

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————-

Derrota, pero das que o grupo sae reforzado

SD RIBADEO
O fútbol, sobretodo no marcador final, foi moi cruel cos mariñaos en Dumbría, onde os de Lillo, pese a encaixar unha derrota inmerecida, saíron reforzados coma grupo tras vivir unha situación excesivamente tensa na que a SD Ribadeo apelou á unión do grupo.
No meramente deportivo os mariñaos repuxéronse do primeiro contratempo, tras un autogol ao cuarto de hora de xogo, tras empatar Ayoub e darlle a volta ao marcador Óscar antes do descanso ao que se chegou con 1-2.
No segundo tempo a SD Ribadeo dispuxo de claras ocasións para ampliar e incluso sentenciar o partido pero os de Lillo non tiveron fortuna na definición ante un Dumbría que chegou con vida ao desenlace final, no que tras empartar, quedáronse cos tres puntos en xogo co definitivo 3-2 no último minuto de xogo.

“TRAS ESTE PARTIDO E MÁIS QUE NUNCA…1-2-3 RIBADEO” LILLO – SD Ribadeo

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————-

Triunfo para reafirmar a liña de traballo

VILLLABÉS
O Rácing volveu á senda da vitoria asinando a segunda vitoria da tempada no Roca, un rexistro que non se agardaba pero que tras impoñerse ao Val, os de Juan Rodríguez inician unha nova xeira positiva.
Ademais a vitoria chegou reforzando o traballo realizado nun encontro completo pero que non se decantou a favor do Villlabés ata o desenlace final.
Antes, pese a ter o dominio do xogo dende os primeiros minutos, ao Rácing costoulle xerar ocasións ante un rival moi pechado e que non inquietou en ataque. Migui, que se atopou cunha gran intervención do porteiro visitante e un gol anulado por fora de xogo, foron as ocasións máis claras do Rácing no primeiro tempo.
No descanso, Juan Rodríguez fixo un par de axustes e o Villalbés deu un paso a fronte, con máis chegadas sendo as ocasións máis claras para Sergio, un pau de Toni e dúas de Alfredo con sendas intervencións do gardamallas rival, pero o gol resistiuse no Roca ata o desenlace final, cando a falta de dez minutos Alfredo rematou ao fondo das mallas un preciso centro de Migui. Pouco despois o Rácing quedouse con dez xogadores trala expulsión de Noel por dobre cartón amarelo. Malía iso, Toni conseguiu sentenciar o encontro ao culminar unha contra para subir ao marcador o definitivo 2-0 co que o Rácing Villalbés volveu á senda do triunfo na Liga Galega xuvenil nun encontro no se que reforza o traballo do día a día.

“VITORIA XUSTA NUN BO PARTIDO DO EQUIPO” JUAN RODRÍGUEZ – R. Villalbés

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————-

O Viveiro salvou un punto no sprint final

VIVEIRO CF
Un golazo de Lucas Fanego, que arrincou o encontro no lateral esquerdo, xa co tempo regulamentario cumprido tras regatear a catro rivais antes de enviar o balón ao fondo das mallas, salvou un punto para un Viveiro que fixo augas en defensa ante o Estrada no Marcos Gómez.
O bo inicio de partido foi un espellismo malía que Xoel Ferro inaugurou o marcador aos dez minutos tras culminar un man a man. Acto seguido o Viveiro, que atopou moitos espazos en ataque no treito inicial, puido ampliar a diferenza, antes de que empezasen as concesións defensivas e tras dous erros claros, o Estrada remontou con dous goles antes do descanso.
O Viveiro recibiu cos brazos abertos o entretempo pero as sensacións non melloraron ao inicio da segunda parte, na que o Estrada puxo terra de por medio no marcador co 1-3. A vinte minutos para o final, Veiga transformou un penalti sobre Ferro pero, noutra concesión defensiva chegou o 2-4 a dez minutos para o final, tempo no que o Viveiro arriscou , foi directo e tras recortar Sevilla distanzas, Lucas Fanego frotou a lámpada e saíu o xénio para regatear a catro rivais antes de mandar o balón ao fondo das mallas para asinar o definitivo 4-4 xa co tempo regulamentario cumprido.

“RESCATAMOS UN PUNTO CUANDO PEOR ESTABA EL PARTIDO” CARRA – Viveiro CF

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————-

MILAGROSA
Duodécima xornada e sétimo encontro da Milagrosa en Frigsa, onde especialmente os de Madriles seguen pagando a novatada na Liga Galega xuvenil.
Nesta ocasión ante un dos grandes equipos da competición, o Olímpico, serio aspirante ao ascenso pero que levou os tres puntos con dous goles en cinco minutos tras concesións dos lucenses.
Antes, o encontro arrincou con dominio visitante e ocasións incluso antes do 1-0 aos once minutos. Malía iso, a reacción foi inmellorable e con goles de Juan e David chegouse ao descanso con 1-2. No segundo tempo a Milagrosa tivo varias ocasións claras para o 1-3, pero nun visto e non visto, o Olímpico, con dous goles en cinco minutos, levouse todo o botín en xogo.

“NECESITAMOS MÁS SOLIDEZ PARA SUMAR ANTE EQUIPOS COMO ESTE” MADRILES – Milagrosa

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu