Plan competicional para as Ligas Galegas de Base

En General, Principal grande
A Comisión Deportiva da Real Federación Galega de Fútbol vén de presentar o formato de competición para a próxima tempada nas Ligas Galegas de Base

A Comisión Deportiva da RFGF está presentando aos clubs o plan competicional da tempada 22-23 nas distintas reunións que desde esta semana se van levar a cabo en todas as delegacións federativas. Neste caso é a quenda das Ligas Galegas de Base.

No que se refire á LIGA NACIONAL XUVENIL, este é o modelo competicional para esta tempada.

  • 1 grupo de 18 equipos para un total de 34 xornadas
  • 2 ascensos directos á División de Honra
  • 2 descensos
  • A liga regular comeza o 11 de setembro e rematará o 21 de maio

No que se refire á LIGA GALEGA XUVENIL, este é o modelo competicional para esta tempada.

  • 2 grupos de 20 equipos cada un para un total de 38 xornadas en cada grupo
  • 1 ascenso directo en cada grupo
  • O segundo, terceiro, cuarto e quinto clasificados en cada un dos grupos disputarán o playoff de ascenso
  • Os 4 últimos clasificados de cada grupo descenderán de categoría
  • A liga regular comeza o 11 de setembro e rematará o 21 de maio. O playoff de ascenso celebrarase do 28 de maio ao 18 de xuño

LIGA GALEGA CADETE, este é o modelo competicional para esta tempada.

  • 2 grupos de 20 equipos cada un para un total de 38 xornadas en cada grupo
  • 2 ascensos directos á División de Honra (un en cada grupo)
  • O segundo e terceiro clasificados de cada grupo disputarán o playoff de ascenso
  • 8 descensos directos (os últimos catro clasificados de cada grupo)
  • A liga regular comeza o 11 de setembro e rematará o 21 de maio. O playoff de ascenso disputarase do 28 de maio ao 18 de xuño

á DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL, categoría de nova creación, este é o modelo competicional para esta tempada.

  • 1 grupo de 16 equipos para un total de 30 xornadas
  • Os 4 primeiros clasificados disputarán a Fase Final
  • Os 3 últimos clasificados descenderán de categoría
  • A liga regular comeza o 18 de setembro e rematará o 7 de maio e a Fase Final celebrarase do 14 ao 28 de maio

LIGA GALEGA INFANTIL, este é o modelo competicional para esta tempada.

  • 2 grupos de 16 equipos cada un para un total de 30 xornadas en cada grupo
  • O primeiro clasificado de cada grupo ascende directo
  • O segundo e terceiro clasificados de cada grupo disputarán o playoff de ascenso
  • 4 descensos de categoría (2 en cada grupo)
  • A liga regular comeza o 18 de setembro e rematará o 30 de abril e o playoff de ascenso celebrarase do 7 de maio ao 28 de maio

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu