Picos altos e moi baixos

En Cadete, Liga Galega

A Milagrosa acusou a falta de regularidade en Lalín

A Milagrosa deixouse todo o botín en xogo en Lalín nun partido no que os de Madriles tiveron, sobre todo na segunda parte, fases nas que se gañaron o dereito a soñar cos puntos.
A igualdade marcou os primeiros corenta minutos nos que o Lalín inaugurou o marcador tras unha falta lateral, e a Milagrosa perdoou nas súas dúas ocasións máis claras, ao dispoñer Yago dun man a man co porteiro local e de estrelar Diego un balón no poste.
Nada máis empezar a segunda parte o Lalín puxo terra polo medio no marcador co cero a dous, pero lonxe de baixar os brazos, a Milagrosa recortou distancias por medio de Rafa e gozou dos seus mellores minutos no encontro.
O premio do empate parecía cuestión de tempo, sobre todo tras un man a man que non puido culminar Rafa e un remate de cabeza de Pajón á saída dun córner que sacou sobre a liña de gol un xogador local cando xa se cantaba o gol do empate a dous.
A Milagrosa perdoou nos seus mellores minutos e o Lalín, tras resistir o asedio lucense, sentenciou o encontro co tres a un tras unha acción a balón parado no tramo final.

Dous derbis
A Milagrosa medirase co Lugo B nas Gándaras o vindeiro xoves e o sábado co Viveiro no Marcos Gómez a partir das 16:00 horas.

“Fuimos demasiado irregulares a lo largo del encuentro. Tuvimos fases en las que buscamos y merecimos puntuar”              MADRILES Milagrosa

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu