Osíxeno en Compostela

En Liga Galega, Xuvenil

A Residencia rabuñou un punto ante o segundo clasificado

Punto de moito mérito da Residencia en Santiago ante un Compostela que asaltaría o liderato en solitario da Liga Galega xuvenil de sumar os tres en xogo ante os de Dani Galán.
Os da Cheda perdéronlle o respecto aos composteláns desde os primeiros minutos, nos que Veloso dispuxo dunha gran ocasión antes de que chegase o un a cero local, tras un gol que naceu nunha falta afastada e na que o vento, un factor que condicionou o partido, axudou a que o balón sorprendese a Fer tras tocar no larguero.
Malia chegar ao descanso con un a cero as sensacións eran boas e estas confirmáronse na segunda parte.
Á hora de xogo Pedro gustouse nunha acción persoal na que gañou a liña de fondo un serviu un bo pase que aproveitou Conde para devolver as táboas ao marcador co empate a un.
Con media hora por diante o partido converteuse nun ida e volta no que os dous equipos querían todo o botín en xogo.
Fonseca tivo a mellor ocasión para a Residencia, e nos minutos finais o Compostela puido levar a vitoria nun disparo que foi ao pau e nunha falta indirecta que se executou por baixo da barreira no que Fer foi o protagonista cunha gran intervención.
Ao final, punto de moito mérito da Residencia nas Cancelas ante todo un Compostela. Agora a Residencia ten dous partidos seguidos esta semana na Cheda para facer as paces cos puntos en casa.

“Compitiendo como lo hicimos en este partido el equipo va a ir hacia arriba seguro” DANI G. Residencia

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu