Os tres clasificados para a Fase de Ascenso xuvenil pechan o Provincial con vitorias

En Principal, Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Táboas para pechar a fase

 

MILAGROSA 2 – RIBADEO 2

Nun partido sen nada en xogo na táboa clasificatoria, Milagrosa e Ribadeo empataron nun duelo no que os mariñaos comezaron adiantándose grazas a dous goles de Adrián Barrera en cadansúa contra antes de chegarse ao ecuador da primeira metade. A partir de aí os locais foron entrando no partido e Cabana recortaba distancias ao aproveitar un balón morto na área, mentres que Ander, antes do descanso, transformaba un penalti moi protestado polo Ribadeo.
Tralo paso polos vestiarios ambos conxuntos tiveron opcións para levarse o encontro, pero o marcador xa non se moveria.
Os albivermellos e os de Salva centran agora os seus intereses na Copa, na que debutan a vindeira fin de semana, a Milagrosa xogará o primeiro encontro ante a Resi B, mentres que o conxunto mariñao enfrontarase á Ferroviaria.

 


 

O Porto de Burela chegará con boas sensacións á Fase de Ascenso

 

PORTO BURELA 2 – SAGRADO 0

A vitoria dos de Oke na última xornada deste Provincial e manter a portería a cero reforzan aos mariñaos de cara á loita polo ascenso á Liga Galega xuvenil.
O cambio de sistema, con cinco defensas, beneficióulles na súa área, aínda que en ataque lles custou xerar e ambos goles chegaron a balón parado. O primeiro de Vila, antes do descanso, e o segundo de Jairo.
Pola súa banda o Sagrado, con varias baixas para este encontro, espera recuperar efectivos de cara á vindeira fin de semana, cando comenzará a súa andaina na Copa Deputación.

 


 

A Residencia xa pensa nos 90 minutos restantes para volver á Liga Galega

 

LOURENZÁ 0 – RESIDENCIA 2

Partido de trámite en Santa Cruz que se saldou coa duodécima vitoria en catorce partidos da Resi no Provincial.
O Lourenzá, con só once xogadores e moi ordenado en defensa, evitou unha goleada maior e mantívose no encontro ao longo dos 90 minutos en que Lucas fixo o 0-1 para os branquiazuis na primeira metade, e Veloso, que remata a tempada regular como pichichi da categoría con 41 goles, fixo o segundo.
Os da Cheda coñecerán hoxe mesmo ao seu rival na Fase de Ascenso, unha cita a partido único en que o gañador será novo equipo de Liga Galega xuvenil a vindeira temporada.

 


 

Viña e Pablo dan a vitoria ao Palas antes do reto final da Promoción

 

PALAS 2 – CASTRO 0

O Palas levouse os tres puntos ante o Castro nun encontro no que ambos conxuntos estaban máis centrados nos novos retos que lles agardan a partir de agora. Os de Luis Mato, terceiros no Provincial, teñen por diante a Fase de Ascenso, mentres que a partir da vindeira fin de semana os chairegos loitarán polo Copa Deputación.
No partido nos Chacotes o dominio e as ocasións tiveron cor local, e pese a que Javi, porteiro infantil do Castro, estivo moi ben baixo paus, non puido evitar o gol de Viña xusto antes do descanso. Na segunda metade Pablo asinaba o definitivo 2-0 tras unha xogada a balón parado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu