Os primeiros postos toman forma na competición infantil Provincial

En Infantil, Principal, Provincial

As clasifiacións vanse definindo e a próxima xornada poderíamos coñecer aos primeiros equipos que estarán no Provincial infantil. O Grupo Sur é o máis igualado, pero no Norte e no Centro algúns conxuntos estanse desmarcando

Polo descanso da competición no Grupo Norte esta fin de semana tan só se disputaron sete partidos de infantil autonómica, os correspondentes aos grupos Centro e Sur. Vanse configurando as partes altas da táboa, sobre todo no Centro, onde Villalbés A, Lugo B e Sagrado Corazón sacan 6 puntos ao cuarto clasificado, Cásas, e na próxima xornada algún equipo incluso podería confirmar o seu pase á seguinte fase.

Grupo Centro
A xornada comezou co encontro entre Casás e Piringalla, no que os de Pablo Fuertes se fixeron coa vitoria por 3-0. Conseguiron o triunfo tamén Lugo B, que segue imparable, ante o Castro, Sagrado A e Polvorín. A diferenza física foi clave nestos tres encontros, aínda que a medida que avanzan as xornadas os equipos van collendo ritmo na competición e as forzas vanse igualando.
O Rácing Villalbés, líder do grupo, descansou esta fin de semana, pero na próxima xornada podería confirmar a súa presenza no Provincial de gañar a Casás na Magdalena, sempre e cando Castro e Polvorín tampouco consigan puntuar.
Grupo Sur
Os cambios máis significativos da xornada producíronse no Grupo Sur. A Sarriana visitaba ao ata entón líder, o Antas, no Castro Seoane, nun partido que se esperaba máis apertado do que realmente foi. Os de Raúl deixaron o encontro practicamente visto para sentenza na primeira parte co 0-4 ao descanso, e desta forma asaltaron o primeiro posto da táboa para liderar en solitario a clasificación con 12 puntos, dous por diante dos de Abelairas e a tres da Residencia B, que descansou esta fin de semana.
Á espreita segueos o Becerreá, con 3 vitorias noutros tantos encontros, mentres que a Piringalla logrou o seu primeiro triunfo da temporada ante o Sagrado B. Os de Diego García descansan a próxima fin de semana, e volverán á competición ante o Palas no Rodríguez Lago, onde buscarán os seus primeiros puntos da tempada.

Vindeira xornada
Coa volta á competición no Grupo Norte a Liga Autonómica infantil volverá funcionar a pleno redemento,
O Burela SD podería certificar a súa clasificación ao Provincial de gañar á SD Viveiro se o Foz non puntúa ante o Viveiro CF no Marcos Gómez. A SD Ribadeo terá que esperar á penultima xornada para facelo, xa que descansa o próximo sábado.
No Grupo Centro as vitorias de Villalbés A, CD Lugo B e Sagrado deixarían os tres primeiros postos practicamente definidos. Pola súa banda, o Grupo Sur é o máis igualado e non se decidirá nada na próxima xornada. Aínda así, o descanso da Sarriana pode dar un novo xiro no alto da táboa co enfrontamento entre Antas e Residencia B, segundo e terceiro clasificados. Os da Ulloa recuperarían a primeira praza de gañar ao conxunto branquiazul.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu