Os paróns e as festas nunca foron bos para o Viveiro

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Nos creíamos los jefes y nos pintaron la cara”

DUMBRÍA 3 – VIVEIRO CF 0

Ao Viveiro os paróns ligueiros e as festividades sempre lle complicaron as dinámicas, e nesta ocasión non foi distinto. Os celestes pecharon o 2017 como un dos equipos máis en forma da Liga Galega, encadenado seis xornadas sen perder, confirmando unha escalada que se ve interrompida e que obriga aos de Antonio Serrano a volver remar contracorrente en busca dos dous primeiros clasificados.
En vacacións o Viveiro incidiu na importancia deste encontro, nun campo moi pequeno no que os erros páganse moi caros, pero ao cuarto de hora chegou o primeiro ao encaixar o cero a un tras un balón longo sen aparente perigo. O un a cero reforzou a formulación local, e co dous a cero o encontro púxose costa arriba de cara á segunda parte.
O Viveiro arriscou con defensa de tres, pero nunca estivo cómodo. A falta dun cuarto de hora chegou a sentenza co tres a cero antes de que os mariñaos estrelasen un penalti no pau.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu