Os goles do Arosa minimizaron a proposta do CD Lugo B

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

RUBÉN ARCE – CD Lugo B

“Que el resultado nos sirva para seguir mejorando de cara a lo que queda por delante”

AROSA 3 – CD LUGO B 2

O Lugo B non puido abandonar a mala dinámica de resultados pola que atravesa pese a ter por medio o parón de Nadal. Os de Bruno Rodríguez pechan a primeira volta con catro derrotas consecutivas, esta última, con moita letra pequena á marxe do marcador final, tras caer pola mínima en Vilagarcía.
As formulacións quedaron moi claras desde os primeiros minutos nos que o Arosa amagaba cunha tímida presión da que os lucenses saían con facilidade da primeira liña de presión cos dous laterales, Noel e Vila, moi profundos.
Pouco a pouco o Lugo B foi creando ocasións de perigo, especialmente con chegadas por banda, pero sen chegar a concretar, sendo a máis clara unha de Dani Arias, que errou cando xa se cantaba o gol.
A eficacia quedou moi pronto claro que era para os locais, xa que na súa primeira aproximación aos dominios de Brais, o Arosa inaugurou o marcador.
O Lugo B tivo que remar contracorrente pero puido empatar cunha xenialidade de Álex, tras unha acción individual tras un saque de esquina. Con todo, antes do descanso os locais volveron dar coa diana ao culminar un contragolpe co que selaron o momentáneo dous a un.
Nada máis empezar a segunda parte o Arosa puxo terra polo medio no marcador co tres a un, gol que castigou moito a moral dos lucenses.
A partir do aí o encontro entrou nunha fase de correcalles, sen control, da que o Lugo B non puido sacar nada positivo pese a que Óscar recortou distancias a pase de Nuno nos minutos finais, xa sen tempo para poder empatar e rabuñar canto menos un punto.
Na próxima xornada, a primeira da segunda volta, o Lugo B visita ao Celta na Madroa, un complicado rival para intentar saír da mala dinámica de resultados, pero un campo no que o Lugo B xa sabe o que é gañar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu