Os alevíns Martín e Mateo foron a mellor nova en Ferrol

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

O Conxo santiago será o último encontro dos de Madriles na competición

 

G. CARANZA 0 – MILAGROSA 5

A Milagrosa disputou en Ferrol o seu último encontro na Liga Galega infantil. Os de Madriles volverán competir a próxima tempada na Liga Provincial,

pero antes poderán despedirse da máxima categoría do fútbol infantil ante a súa afección na última xornada, na que recibirán no Luís López Gorgoso de Frigsa ao Conxo Santiago.
En Ferrol a mellor noticia para os lucenses tivo dous nomes propios, os dos alevíns Mateo e Martín, sendo ambos dos xogadores máis destacados do encontro. Martín saíu no once inicial de Madriles e Mateo tivo minutos de calidade na segunda parte.
O encontro foi complicado para a Milagrosa, xa que o Galicia Caranza tivo o balón a maior parte do tempo. Con todo, nin o tres a cero co que se chegou ao descanso fixo que os lucenses baixasen os brazos, pero encaixaron dous goles máis no tempo de desconto co que o marcador foise ata o cinco a cero final que semella excesivo tralo visto no terreo de xogo ao longo dos oitenta minutos.

 

“Tuvimos mejores sensaciones que en otros partidos, pero el dominio fue del Galicia Caranza” MADRILES Milagrosa

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu