O Xove Lago xogará o Provincial – Galeria

ALEVIN PRIMEIRA
No Grupo A o Xove Lago é o primeiro equipo que consegue unha praza no Provincial Alevín, tras manter o pleno de vitorias nos 9 encontros disputados. A falta de tres xornadas para rematar esta primeira fase, Santiago de Foz e SD Viveiro teñen tamén pe e medio no Provincial.
No Grupo B, tamén restan tres xornadas para rematar esta primeira fase. Se o Lugo A gaña na próxima xornada ante o Abuín accederá ao Provincial coma campión de Grupo mentras que Residencia segue segunda e na próxima cita haberá duelo directo polo terceiro posto entre Piringalla e Milagrosa.

ALEVIN SEGUNDA
Na Segunda División xa chega o turno dos campións de Grupo que nas próximas xornadas será un goteo constante. O primeiro equipo en rematar campión de Grupo foi a Sarriana no Grupo E, con pleno de vitorias tras impoñerse esta fin de semana por 8-0 á Gimnástica Lucense.
O próximo conxunto en cantar o alirón pode ser a Piringalla D no Grupo B xa que se os capitalinos conseguen os tres puntos na vindeira xornada ante o segundo clasificado, a Ferroviaria, serán campións, pero se gaña a Ferroviaria entrará en xogo o golaverage particular entre os dous conxuntos para coñecer o primeiro clasificado.
No Grupo C se na próxima xornada gaña Casás B e perde Polvorín, Casás B será campión. Situación similar no Grupo D no que se gaña o Monterroso e perde Piringalla B, os da Ulloa serán campións.

Salir de la versión móvil