O Xove Lago e o Lugo aseguraron os seus billetes para disputar o campionato galego

En Prebenxamíns, Primeira División, Principal

O Xove Lago e o CD Lugo A -empatados a 33 puntos no alto da táboa- manteñen o seu pulso polo campionato provincial, pero xa cun premio na man. A clasificación para disputar o campionato galego.
Os dous aseguraron matematicamente os seus boletos tras gañar os partidos desta fin de semana. Os xovenses impuxéronse á Piringalla nun partido de poder a poder, no que remontaron un 3-2 nos minutos finais. Carlos tivo a última palabra cun tanto sobre a bucina que lles deu os tres puntos.
Máis folgado foi o resultado do Lugo na Cheda onde, sen embargo, tardaron en abrir a fenda no marcador. O encontro mantívose igualado na primeira metade e foi na segunda parte cando os visitantes puxeron terra polo medio.
O Santiago de Foz enlazou dúas vitorias por primeira vez no campionato provincial ao impoñerse ao Viveiro en Malates. Tras un inicio igualado, os locais foron ampliando a renda ata o 5-1. Despois, os celestes maquillaron o resultado.
O Sagrado Corazón volveu gañar despois de dúas xornadas nunha mañá inspirada de Luís que marcou a diferenza cun póker de goles co que suma 38 esta temporada.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu