O Viveiro volve facer piña e adícalle a vitoria a Xoel

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Le mandamos un fuerte abrazo de todo el equipo a Xoel y a su familia. Mucho ánimo a todos”

VIVEIRO CF 3 – CONXO 1

A versión máis cruel do 2017 cebouse coa familia do Viveiro, pero os celestes volveron dar a cara e arroupar aos seus ante a maior das adversidades. Nesta ocasión adicándolle a vitoria ao seu compañeiro Xoel, e esperando que o 2018 sexa menos cruel.
Ante o Conxo, o Viveiro asinou a súa segunda vitoria consecutiva para chegar ao parón de Nadal sumando 13 dos últimos 15 puntos en xogo.
Os composteláns, pese á súa posición na táboa, competiron de poder a poder intercalando formulacións en repliegue con presión en campo rival.
A primeira parte se lle atragantou ao Viveiro, malia inaugurar o marcador aos dez minutos ao culminar Jorge unha xogada de Macly. A partir de aí, o partido non tivo un dominador claro.
Antonio Serrano puxo de inicio todo o seu potencial ofensivo, con Macly, Jorge, Jhoseba, Rolle e David no once inicial.
Na segunda parte o Conxo B empatou na primeira xogada, polo que o Viveiro tivo que espertar do seu letargo, e fíxoo ao grande.
Macly volveu fabricar outro gol, o dous a un que asinou David Ben. A partir de aí Antonio Serrano asentou o equipo con defensa de catro e Macly volveu acaparar o protagonismo ao sentenciar o encontro cunha preciosa xogada individual.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu