O Viveiro remata ao grande

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

Dezaseis partidos consecutivos sen perder e só unha derrota na espectacular segunda volta dos mariñaos na Liga Galega xuvenil

 

BOIRO 3 – VIVEIRO CF 3

O Viveiro puxo o punto e final a unha tempada que os de Antonio Serrano pecharon cun notable alto,

rozando un sobresaliente que si que sacaron na segunda volta do campionato no que tan só perderon un encontro e puxeron o broche final con 16 encontros consecutivos sen perder na Liga Galega xuvenil.
A última cita foi fai dúas semanas nun partido adiantado á última xornada, na que Boiro e Viveiro ofreceron unha oda ao fútbol nos primeiros corenta e cinco minutos nos que o numeroso público que se citou para ver o encontro gozou de ata seis goles na primeira parte.
O un a cero chegou pronto, pero o Viveiro apeló á calma e tras un gol anulado a Jairo, Macly, cunha acción individual, fixo o empate a un.
Xabi cun remate de cabeza á saída dun córner e David Ben tras aproveitar un agasallo de Jairo, que roubou o balón cunha boa presión alta, levou o marcador ata o un a tres cando aínda non se cumprira a media hora inicial de xogo.
O Viveiro tomouse un respiro e o Boiro aproveitouno para marcar dous goles practicamente consecutivos para chegar ao descanso con empate a tres no marcador. Na segunda parte o carrusel de cambios baixou a intensidade e o ritmo, con bos minutos dos cadetes Luís e Trasi e un carrusel de ocasións sen finalizar do Viveiro coas que puido levarse todo o botín en xogo en Boiro no último encontro da tempada.

 

“Gracias a todos por este gran año en el que disfrutamos juntos”
ANTONIO SERRANO Viveiro CF

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu