O Viveiro quere despedir o curso como se merece

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Un partido con buen juego para endulzar un poco este final de temporada”

CONXO B 1- VIVEIRO CF 4

O Viveiro detivo a caída libre en Santiago tras impoñerse ao Conxo B por un gol a catro nun partido no que era moi difícil atopar a motivación, xa que se xogou cunha temperatura moi alta, cos composteláns descendidos e os mariñaos en terra de ninguén.
O Viveiro quería borrar a mala imaxe dos últimos encontros, especialmente a do último na casa, para despedir a tempada con bo sabor de boca. A maior calidade dos celestes foi determinante. Aos cinco minutos David Ben rematou un bo pase de Pablo Louzao desde dentro da área para inaugurar o marcador.
A partir de aí o Viveiro controlou os tempos de partido ante un Conxo inofensivo en ataque, mentres que David Ben dispuxo dun man a man antes de que Xoel, cun certeiro disparo desde fóra da área, subise o cero a dous ao marcador.
Na segunda parte Antonio Serrano continuou perfilando o equipo da próxima tempada, dando entrada a xogadores con ficha B para que sumen minutos na Liga Galega, á vez que deu descanso a David Ben, que xogou onte co equipo de Preferente.
Con tanto cambio houbo uns minutos de desconexión, que aproveitou o Conxo para recortar distancias, pero na recta final, Mahdi e Jairo, sentenciaron o partido co un a catro final.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu