O Viveiro púxose o seu mellor disfraz para espantar as dúbidas

En Principal, Uncategorised

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Victoria que nos viene muy bien para encarar el partido del próximo sábado con buenas sensaciones”

UNIÓN 1 – VIVEIRO CF 5

O Viveiro cargou o depósito de confianza e boas sensacións tras impoñerse con claridade ao Unión antes de recibir a próxima xornada ao Calasanz no Cembedo. Unha cita na que terán unha das súas últimas oportunidades de subirse ao vagón, cada vez máis amplo, dos aspirantes ao ascenso á Liga Nacional xuvenil.
O Viveiro armouse de paciencia desde os primeiros minutos, nos que empezou a monopolizar a posesión do balón ante un rival moi replegado, polo que o primeiro gol sería a chave do encontro para non deixar pasar o tempo e que o Unión se vise con opcións.
No ecuador da primeira parte Macly fixo o cero a un. Un gol que marcou o resto dun encontro no que se chegou con cero a un ao descanso pese a que os de Antonio Serrano xeraron ocasións para que a renda fose máis ampla.
De cara á segunda metade o Viveiro saltou ao campo con distinto debuxo, con defensa de tres. Unha formulación que, nesta ocasión, deu bos resultados, xa que o Vivero tivo moitas máis presenza en campo rival.
Aos cinco minutos Rolle, cun bo gol, fixo o segundo, e co paso dos minutos, no medio do monólogo celeste, a diferenza foise ampliando ata o definitivo un a cinco, pero puideron ser máis goles antes da cita marcada no calendario do Viveiro, na que recibirá ao Calasanz no Cembedo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu