O Viveiro propuxo máis no reparto de puntos

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO  – Viveiro CF

“Queda mucho por delante aún. Hay que seguir trabajando duro”

VIVEIRO CF – LALÍN 2

Ao Viveiro escapáronselle dous valiosos puntos no Cembedo ante o Lalín, nun partido no que os celestes propuxeron moito máis para gañar, pero tiveron que repartir o botín ao explotar os visitantes o que está sendo o talón de Aquiles dos mariñaos esta tempada; as accións a balón parado, especialmente nos saques de esquina en contra.
A posta en escena foi espectacular por parte do Viveiro, asinando un golazo no un a cero que chegou no primeiro minuto tras unha combinación ao primeiro toque entre Uriol. Jairo, Rolle e o autor do gol, David Ben.
Con vantaxe desde o inicio o Viveiro xogou tranquilidade, sentíndose superior a un Lalín que, xa na primeira parte, deu mostras do seu potencial a balón parado.
Antes do descanso o Viveiro tivo o dous a cero nunha xogada de Pablo Chao pola banda esquerda que rematou un pouco forzado David Ben. Pese ao axustado do marcador, os celestes retiráronse con boas sensacións ao descanso.
A segunda parte comezou co mesmo guión, ata que este truncouse por completo. Primeiro ao encaixar o un a un tras unha falta lateral e pouco despois o un a dous á saída dun córner.
Con media hora por diante Antonio Serrano moveu ficha. Implantou unha defensa de tres e deixou en punta a Kaká, Macly, David e Jhoseba. A aposta saíu ben, xa que tras unha gran xogada de Macly, que volveu gozar de minutos, Uriol empatou o encontro.
Con dous a dous o Viveiro volveu ao guión inicial, madurou o partido e Jorge dispuxo da ocasión máis clara para o tres a dous, aínda que é certo que Andrés evitou nos últimos instantes a vitoria do Lalín ao lucirse cunha gran parada nun man a man.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu