O Viveiro pegou máis forte no derbi

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal grande

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“Los errores puntuales no ensombrecen el gran trabajo que hacen los chicos en cada encuentro”

LUCHI – Viveiro CF

“Aprovechamos mejor las ocasiones que generamos a lo largo de un encuentro en el que tuvimos más oficio”

CD LUGO B 0 – VIVEIRO CF 2

O Viveiro levouse os tres puntos do derbi provincial da xornada ante o Lugo B nas Gándaras, nun partido marcador de inicio polas ausencias e co paso dos minutos pola maior contundencia dos mariñaos no intercambio de golpes.
Os capitalinos, sen Manu pero co infantil Manel no centro do zaga facendo un gran encontro ao longo dos oitenta minutos. Os celestes sen Isma, Juan, Seijas, Albert e Boixet por lesións gripe e sancións.
Pese a todo isto, viuse un intenso e disputado derbi no que o Viveiro estivo máis arroupado de inicio ante un Lugo B que dispuxo das ocasións máis claras na primeira parte, cun remate ao pau de Pérez, un man a man que liquidou Egoitz e varios saques de esquina moi perigosos lanzados por Samu nunha metade que terminou con cero a cero no marcador, pero cos dous equipos coas espadas no alto de cara á segunda parte.
Tralo descanso o Lugo B volveu acariñar o un a cero, pero as boas sensacións do Viveiro ían crecendo co paso dos minutos á vez que Manu e Noel tiñan máis espazos.
Á hora de xogo, un ex do Lugo, Trasi, inaugurou o marcador cun remate de cabeza tras unha contra na que o balón entrou lentamente na portería local.
A partir de aí o Viveiro sentiuse máis cómodo ante un Lugo B que arriscou máis, deixando máis espazos para as contras. Nunha delas Noel sentenciou o encontro cunha acción marca da casa coa que estableceu o definitivo cero a dous. O Viveiro tirou de oficio no treito final e fíxoxe forte en defensa a pesar das numerosas ausencias, con Rodri e Adri moi seguros no centro da zaga.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu