O Viveiro pecha a tempada no sexto posto cunha vitoria no Cembedo

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI  – Viveiro CF

“Partido que aprovechamos para que todos los jugadores dispusieran de minutos de juego”

VIVEIRO CF 5 – BERTAMIRÁNS 3

O Viveiro sumou os últimos tres puntos en xogo no Cembedo esta tempada tras impoñerse a un Bertamiráns B, que chegou co auga ao pescozo e foise sendo equipo descendido tralo cinco a tres co que finalizou o partido.
Os visitantes empezaron con moitas ganas o encontro, pero aos tres minutos Juan fixo o un a cero. Pese a encaixar o primeiro gol, o Bertamiráns non se deu por vencido e, froito diso, empatou ao cuarto de hora e acto seguido soñaron coa permanencia tralo un a dous.
Con todo, nada máis sacar de centro, Xoel devolveu as táboas ao marcador co momentáneo empate a dous. Un gol que minou a moral do Bertamiráns, e antes do descanso o Viveiro puxo terra polo medio no marcador con dous goles máis, de Juan e Luís.
O catro a dous co que empezou a segunda parte foi unha losa moi grande para a moral dos visitantes. Os celestes non quixeron facer sangue e, malia que o Bertamiráns recortou distancias, Manu na recta final selou a vitoria vivaerense co definitivo cinco a tres.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu