O Viveiro fai os deberes

En Liga Galega, Principal, Xuvenil

Dúas vitorias na dobre xornada fan que os de Antonio Serrano collan aire e impulso na táboa clasificatoria da Liga Galega xuvenil

O Viveiro reaccionou da mellor forma posible nun momento no que se empezabaN a acender as alarmas no conxunto que dirixe Antonio Serrano. Malia estar aínda en decembro, a semana chegaba en grao sumo esixente e importante para os celestes, e o Viveiro saíu airoso e fortalecido ao sumar sete dos nove puntos en xogo nos tres encontros disputados.
Tralo empate ante o Val na casa a importancia da dobre cita na ponte da Constitución era máxima. Primeiro saída a domicilio para medirse co Betanzos e proba superada ao impoñerse por dous goles a tres, mentres que o sábado visitaba o Marcos Gómez o Riveira, co coitelo entre os dentes ao ser un rival da zona baixa moi necesitado de puntos.
O vento condicionou o encontro desde os primeiros minutos, nos que o Viveiro xogou con moita ansiedade, cometendo precipitacións ante un Riveira que non arriscou o máis mínimo nos primeiros corenta e cinco minutos.
Yago, nunha acción invalidada por fóra de xogo, puido romper o cero a cero inicial, pero iso faríao Jorge nunha das xogadas claves do encontro, ao adiantar ao Viveiro cunha gran xogada individual no último minuto da primeira parte.
Tralo paso polos vestiarios esperábase un pouco máis de control no xogo por parte do Viveiro, pero o partido volveuse tolo por momentos. Os mariñaos sufriron en defensa e o partido entrou nunha fase de intercambio de golpes, primeiro co empate visitante, pero tan só cinco minutos despois Pablo Chao puxo por diante ao Viveiro ao transformar un penalti. A alegría local volveu durar pouco, xa que acto seguido o Riveira empató a dous con case media hora por diante.
Ningún equipo se conformou co empate, e unha boa proba diso foi o desenlace final, no que o Riveira puido facer o dous a tres co tempo cumprido, pero o Viveiro, no seu último ataque, levou o balón ata Macly, e este recompensou o esforzo dos celestes cos tres puntos ao asinar o tres dous final no tempo de desconto.

“Semana complicada en la que los resultados eran importantes, ahora a jugar mejor”
ANTONIO SERRANO Viveiro CF

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu