O Viveiro colleu impulso antes das etapas raíñas

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“El resultado final es un reflejo del buen juego que hizo el equipo en este partido”

DUMBRÍA 1 – VIVEIRO CF 5

O Viveiro afinou a súa posta a punto de cara ás etapas raíñas que afrontará nas próximas dúas xornadas na Liga Galega cadete, onde os de Luchi recibirán ao Deportivo B e ao líder da competición, o San Tirso, de forma consecutiva nun Cembedo no que o Viveiro aínda non coñece a derrota esta tempada.
Antes destas dúas citas os celestes tiñan unha complicada saída, a Dumbría, ante un equipo inmerso na loita pola permanencia que se replegou de inicio para buscar algunha contra coa que poder xerar perigo.
O Viveiro foi sólido desde os primeiros minutos e aos poucos foi xerando en ataque ata que Manu Río inaugurou o marcador, no ecuador da primeira parte, ao culminar unha xogada de Noel pola banda.
Ao descanso chegouse con cero a un, pero con sensación de moita superioridade por parte dun Viveiro que non concedeu ocasións e que tivo varias para ampliar a vantaxe nos primeiros corenta minutos.
Tralo descanso mantívose o guión, pero o Dumbría aproveitou unha xogada illada para sorprender aos mariñaos e empatar o encontro co momentáneo un a un.
O gol encaixado non afectou ao transcurso do partido e ata foi un aliciente para que o Viveiro subise unha marcha máis e fose máis vertical.
O un a dous non tardou en chegar e asinouno Luís, mentres que Noel fixo o un a tres co que o Dumbría baixou os brazos por completo ante un Viveiro superior que levou o marcador final ata o un a cinco, cun gol de Xoel e outro de Noel, o mellor xogador do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu